Mervyn LeRoy
Mervyn Leroy, nado en San Francisco o 15 de outubro de 1900 e finado en Beverly Hills (California) o 13 de setembro de 1987, foi un director de cine, produtor e actor norteamericano.
Traxectoria
editarNado de pais xudeus en San Francisco, California, a súa familia arruinouse co terremoto de 1906. Para gañar diñeiro vendeu periódicos e comezou a cantar. Comezou traballando en cine mudo.
En 1938 foi elixido como cabeza de produción de MGM. Grazas a el os estudos produciron O marabilloso mago de Oz (1939). foi responsábel do descubrimento de Clark Gable, Loretta Young, Robert Mitchum e La Turner.
Na década de 1950 dirixiu diversos musicais, así como a película Quo Vadis?.
Foi nomeado ao Premio Oscar en 1943 como mellor director por Random Harvest e en 1940 como produtor de O marabilloso mago de Oz. Ademais recibiu o Oscar Honorífico en 1946.
Leroy retirouse en 1965 e escribiu a súa autobiografía Take One, en 1974. Morreu en Beverly Hills. Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1560 Vin Street.