Clarence Brown

director de cinema estadounidense

Clarence Leon Brown, nado en Clinton (Massachusetts) o 10 de maio de 1890 e finado en Santa Monica (California) o 17 de agosto de 1987 foi un director de cinema estadounidense.

Clarence Brown
Clarence Brown 1921.jpg
Clarence Brown en 1921.
Nome completoClarence Leon Brown
Nacemento10 de maio de 1890
LugarClinton (Massachusetts
Falecemento17 de agosto de 1987 (97 anos)
LugarSanta Monica (California)
Causainsuficiencia renal
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educado enKnoxville High School
Cónxuxe(s)Paul Herndon Pratt
Ona Wilson
Mona Maris
Alice Joyce
Marian Spies
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0113284 Allocine: 7485 Rottentomatoes: celebrity/clarence_brown Allmovie: p83202 TCM: 767550 IBDB: 33261
WikiTree: Brown-88082 Find a Grave: 6679805 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun fabricante de algodón, mudouse ao Sur cando cumpriu once anos, asistindo ao instituto e á universidade de Knoxville, onde conseguiu dous graos en enxeñería. Traballou na industria automobilística, mais abandonouna en 1913 cando comezou a ter interese no cinema. Foi contratado polo Peerless Studio en Fort Lee, New Jersey e converteuse en axudante do director francés Maurice Tourneur.

Tras participar na primeira guerra mundial codirixiu con Tourneur The Great Redeemer (1920). Ese mesmo ano dirixiu unha grande parte de The Last of the Mohicans tras ferirse Tourneur nunha caída. En 1924 cambiouse á Universal e despois á Metro-Goldwyn-Mayer, onde foi recoñecido polos seus traballos con actrices coma Joan Crawford, á que dirixiu seis veces, e Greta Garbo, coa que rodou sete filmes.

Foi candidato ao Oscar ao mellor director en cinco ocasións, sen gañalo nunca.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar