Lionel Barrymore
Lionel Herbert Blythe, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 28 de abril de 1878 e finado en Santa Monica (California) o 15 de novembro de 1954, foi un actor e director estadounidense.
Lionel Barrymore | |
---|---|
Nome completo | Lionel Herbert Blythe |
Nacemento | 28 de abril de 1878 |
Lugar | Filadelfia |
Falecemento | 15 de novembro de 1954 |
Lugar | Van Nuys |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Calvary Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Episcopal Academy |
Pai | Maurice Barrymore |
Nai | Georgiana Drew |
Cónxuxe(s) | Doris Rankin e Irene Fenwick |
Profesión | director de cinema, compositor, músico, guionista, actor de teatro, actor de cinema, actor e presentador de televisión |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu no seo da familia Barrymore, fillo de Maurice Barrymore e Giorgiana Drew, da que tamén forman parte os seus irmáns Ethel e John Barrymore e a súa sobriña-neta Drew Barrymore. Comezou a súa carreira teatral a mediados da década de 1890, actuando coa súa avoa Louisa Lane Drew. Permaneceu nos escenarios ata os anos vinte, cando decidiu centrarse no cinema.
Os primeiros filmes nos que interveu Barrymore foron en 1911, dirixidos por D.W. Griffith. Gañou o Oscar ao mellor actor en 1931 por A Free Soul.
Filmografía editar
Ano | Filme |
---|---|
1928 | Sadie Thompson |
1929 | Madame X |
1929 | The Unholy Night |
1931 | A Free Soul |
1931 | Mata Hari |
1932 | Grand Hotel |
1932 | Rasputin and the Empress |
1933 | Cea ás oito |
1934 | Treasure Island |
1935 | David Copperfield |
1936 | The Gorgeous Hussy |
1936 | Camille |
1937 | Captains Courageous |
1937 | Saratoga |
1938 | Test Pilot |
1938 | You Can’t Take It with You |
1943 | A Guy Named Joe |
1944 | Since You Went Away |
1945 | The Valley of Decision |
1946 | It’s a Wonderful Life |
1946 | Duel in the Sun |
1948 | Key Largo |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionel Barrymore |
Ligazóns externas editar
- Lionel Barrymore na IMDb (en inglés).