Ronnie James Dio

cantante estadounidense

Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (Nova Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010[1], foi un cantante de heavy metal estadounidense, máis coñecido co nome artístico de Ronnie James Dio.

Ronnie James Dio
Nome completoRonald James Padavona
AlcumeRonnie James Dio
Nacemento10 de xullo de 1942
Lugar de nacementoPortsmouth
Falecemento16 de maio de 2010
Lugar de falecementoHouston
Causacancro de estómago
SoterradoForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantor de heavy metal, compositor e compositor de cancións
CónxuxeLoretta Berardi e Wendy Walters
Coñecido porTrying to Burn the Sun, Ritchie Blackmore's Rainbow, Heaven and Hell e Holy Diver
Na rede
http://www.ronniejamesdio.com
IMDB: nm0227875 Facebook: OfficialRonnieJamesDio Twitter: OfficialRJDio Spotify: 4M3c7tg4BzLQ5pIOupZL65 iTunes: 909368 Last fm: Dio Musicbrainz: fc4953aa-6bf4-4f1f-8e47-5ac79ca428e2 Songkick: 2749891 Discogs: 291557 Allmusic: mn0000845775 WikiTree: Padavona-1 Find a Grave: 52461224 Deezer: 1381283 Genius: Ronnie-james-dio Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Formou parte das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.[2]

Traxectoria Editar

Adoptou o sobrenome de Dio en homenaxe a un mafioso italiano, Johnny Dio. A súa primeira banda foi Elf, pasando a mediados dos 70 a ser o vocalista de Rainbow, banda do ex-Deep Purple Ritchie Blackmore. Despois de gravar catro álbums con eles intégrase en Black Sabbath ata 1983, empezando nese ano a súa carreira en solitario baixo o nome de Dio. Entre discos, directos, recompilatorios e DVDs saca 28 traballos ao mercado, na que é a etapa máis prolífica da súa carreira musical. No 2007 reúnese con tres antigos compañeiros de Black Sabbath (Tony Iommi, Geezer Butler e Vinny Appice) e xuntos forman Heaven and Hell, denominación coa que gravaron un disco, The Devil you Know, no 2009.

En novembro do 2009 foille diagnosticado un cancro de estómago[3], falecendo seis meses despois.

Discografía Editar

Con Elf Editar

Con Rainbow Editar

Con Black Sabbath Editar

Como Dio Editar

Con Heaven and Hell Editar

Notas Editar

  1. "Mensaxe de Wendy Dio, esposa do músico, colgada na súa páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  2. Nova do falecemento en Diario Crítico
  3. "Nova en blabbermouth.net, en inglés". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2009. Consultado o 17 de maio de 2010. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar