Ocultismo
O ocultismo designa un conxunto de correntes espirituais e místicas propias de Occidente, de orixes non claras e que se desenvolveu principalmente no século XIX, aparecendo como detentores de doutrinas secretas da Antigüidade e da relixión do Libro. Algunhas grandes figuras do ocultismo marcaran a época como os irmáns Fox, Helena Blavatsky, fundadora da teosofía, Allan Kardec, e máis tarde Georges Ivanovitch Gurdjieff. O termo designa tanto o corpus de doutrinas, como as prácticas propias dos adeptos deste movemento.
Ocultismo | |
---|---|
![]() | |
Subclase de | comportamento humano, coñecemento e cosmovisión ![]() |
Tema principal | paranormal ![]() |
Practicado por | ocultista ![]() |
Coincidente | Al-Ghaib (en) ![]() ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |
Con todo é delicado arriscar unha definición de ocultismo que teña valor xeral. Isto débese á gran multiciplidade de correntes, de autores e organizacións que se proclaman ocultistas. A semellanza de certas relixións, caracterízase pola pluralidade orixinal de correntes reunidas baixo a súa denominación, correntes que á súa vez se dividiran por numerosos cismas, póndose en cuestión unhas a outras e negándose mutuamente a lexitimidade. A discreción dos secuaces complican máis o asunto.