Allan Kardec
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Allan Kardec, pseudónimo de Hippolyte Léon Denizard Rivail, nado en Lión o 3 de outubro de 1804 e finado en París o 31 de marzo de 1869, foi un educador francés, fundador do espiritismo.
Allan Kardec | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Hippolyte-Léon Denizard Rivail |
Alcume | Allan Kardec |
Nacemento | 3 de outubro de 1804 |
Lugar de nacemento | 3rd arrondissement of Lyon |
Falecemento | 31 de marzo de 1869 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | aneurisma cerebral |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | tradutor, mestre, filósofo e escritor |
Cónxuxe | Amélie Gabrielle Boudet |
Coñecido por | O Livro dos Espíritos, O Evangelho segundo o Espiritismo e O Livro dos Médiuns |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Cursou os seus primeiros estudos en Lión e completounos en Yverdum (Suíza), no instituto do célebre profesor Pestalozzi, coñecido por ser un dos máis respectados centros de ensinanza da Europa daquela época.
Centrouse no estudo da lingüística. Falaba correctamente alemán, inglés, castelán e holandés. En París fundou un centro de estudos.
En 1854, aos 50 anos, oe falar por vez primeira do fenómeno das táboas xiratorias. Xa o 18 de abril de 1857 publica un libro que marcará o inicio do espiritismo, O libro dos espíritos, que lle deu a fama de fundador do espiritismo.
ObraEditar
Obras pedagóxicasEditar
- Cours complet théorique et pratique d'arithmétique contenant près de 3000 exercices et problèmes gradués, de nombreux questionnaires, un traité des poids et mesures, la méthode adoptée dans le commerce pour le calcul des intérêts et divers autres documents entièrements inédits
- Cours pratique et théorique d'arithmétique, d'après la méthode de Pestalozzi (1824,1845,1847)
- Plan proposé pour l'amélioration de l'éducation publique (1828)
- Grammaire française classique sur un nouveau plan. (1831)
- Catéchisme grammatical de la langue française. (1848)
- Grammaire normale des examens (1849) en colaboración con Marc-Edouard Alvarez e Yves Levi.
Obras esotéricasEditar
- Livre des esprits, contenant les principes de la doctrine spirite sur l'immortalité de l'ame (1857)
- Qu'est-ce que le spiritisme?. Introduction à la connaissance du monde invisible ou des esprits, contenant les principes fondamentaux de la doctrine spirite et la réponse à quelques objections préjudicielles (1859)
- Le Livre des médiums (1861)
- L' Évangile selon le spiritisme (1865)
- Le Ciel et l'Enfer (1865)
- La Genèse, les miracles et les prédictions selon le spiritisme (1868)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Le livre des esprits (1860) dixitalizado en Internet Archive