Rock sinfónico
O rock sinfónico é un subxénero do rock progresivo que inclúe a gran parte dos artistas do xénero, esfecialmente de finais dos 60 e dos anos 70. Dende os primeiros tempos da historia do rock progresivo, o termo ten sido usado para distinguir á música deste estilo con influencia máis clásica das formas máis psicodélicas e experimentais do progresivo.
Rock sinfónico | |
---|---|
Orixe musical | rock progresivo, baroque pop, art rock, música clásica |
Orixe cultural | finais de 60 no Reino Unido e Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra, baixo, teclados, piano, batería, violín, cordas e outros instrumentos acústicos e electrónicos |
Subxéneros | |
neo-prog | |
Xéneros de fusión | |
metal sinfónico | |
O rock sinfónico pode ser descrito como unha combinación de rock progresivo coas tradicións da música clásica. Algúns artistas interpretan arranxos de temas clásicos ou compoñen pezas orixinais con estruturas compositivas clásicas. Ademais, poden tocar co acompañamento dunha orquestra sinfónica, de aí o termo "sinfónico" aínda que poucas bandas tocaban ou compuñan con elas, ou usar sintetizadores ou mellotron para emular instrumentos orquestrais.