Art rock
Art Rock é un subxénero do rock and roll caracterizado por seus ambiciosos temas líricos e experimentacións melódicas, harmónicas ou rítmicas, frecuentemente saíndo das fronteiras pop e indo en dirección ao jazz, clásico, electrónico. A designación "art rock" é vaga, unha vez que poucos artistas actuais aspiran abertamente a este título.
Art rock | |
---|---|
![]() | |
Orixe musical | rock, música de vangarda, rock experimental, baroque pop, rock psicodélico |
Orixe cultural | principios dos 60 no Reino Unido |
Instrumentos típicos | teclados, guitarra, baixo e batería |
Derivados | rock progresivo, glam rock, post-punk |
Orixinouse no Reino Unido nos anos 60, con influencias da arte, avant-garde e música clásica. A primeira vez que foi usado o termo, segundo o Merriam-Webster Online Dictionary, foi en 1968. Influenciado polo traballo dos Beatles, principalmente polo seu álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, o art rock foi unha forma de música que quería "estender os límites do rock & roll", e optou por unha perspectiva da música máis experimental e conceptual.
O termo rock progresivo ás veces pode intercambiarse co de art rock. Mentres que o rock progresivo caracterízase por técnicas instrumentais máis tradicionais e texturas sinfónicas, o art rock é máis desafiante, ruidoso e menos convencional, enfatizando o experimental e vangardista.
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |