The Police foi un grupo británico formado en 1976 por Sting (Gordon Matthew Sumner, voz, baixo e principal compositor), Andy Summers (guitarra) e Stewart Copeland (batería). The Police fíxose mundialmente coñecido a finais dos anos 70 e adoita a ser considerado un dos primeiros grupos de New Wave en acadar o éxito entre o gran público, tocando un estilo de rock influenciado polo punk, o reggae e o jazz.

The Police nos Ánxeles, no 2007
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1977 – 1984
1986
2007 – 2008
Xénero(s)rock, new wave, reggae rock, pop rock, post-punk
Selo(s) discográfico(s)A&M, Polydor
MembrosSting
Andy Summers
Stewart Copeland
Antigos membrosHenry Padovani
Artistas relacionadosStrontium 90, Eberhard Schoener
Na rede
http://www.thepolice.com/
IMDB: nm1932067 Facebook: thepolice Twitter: ThePoliceBand Instagram: thepolicebandofficial MySpace: thepolice Youtube: UC4CnFBpo6Zk8D6bmeXB0MTg TikTok: ThePolice BNE: XX123259 Souncloud: the-police-official Spotify: 5NGO30tJxFlKixkPSgXcFE iTunes: 93818 Last fm: The+Police Musicbrainz: 9e0e2b01-41db-4008-bd8b-988977d6019a Songkick: 17635 Discogs: 7987 Allmusic: mn0000413524 Deezer: 1981 Genius: The-police Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

The Police foi un grupo peculiar dende os seus comezos. Os tres compoñentes tiñan unha idade avanzada para o que é habitual no mundo do rock cando comezaron. De feito, dous deles (Sting e Andy Summers) estaban casados. Sting tiña familia e un traballo estable de profesor de educación física. Tocaba como afeccionado o baixo nun grupo de jazz local na súa cidade natal de Newcastle, Last Exit. Alí comezaron a chamalo Sting (o aguillón) pola súa afección a vestir unha camiseta amarela e negra nos concertos. Andy e Stewart eran músicos experimentados curtidos en distintas escenas e grupos.

Algo xurdiu no momento axeitado para que estes mozos deixaran a súa vida acomodada e se botaran o equipo ás costas para triunfar no mundo da música. Dende logo tiñan cousas que dicir. A primeira formación do grupo estivo composta por Sting, Stewart (que proviña de grupos de rock alternativo) e un guitarrista corso chamado Henri Padovani, moi amante da festa.

Como tantos outros, Police xurdiu nos últimos estertores da época punk, momento no cal xurdiron outros moitos grupos moi dispares no Reino Unido e en Irlanda que, partindo desa orixe común, achegaron unha grande creatividade á música de hoxe. Sen ir máis lonxe, The Cure ou U2 creáronse un ano máis tarde.

O nome do grupo tamén está influenciado polo tema punk; púxoo Stewart buscando unha clara intención provocadora. Os primeiros sinxelos do grupo (Fall Out, Nothing Achieving...) son temas punk enérxicos nos que xa se aprecia a calidade e versatilidade da voz de Sting. Pero nisto tamén sería un grupo atípico. The Police pronto abandonou o estilo punk (aínda que progresivamente) para iniciar outras aventuras. As razóns da súa reorientación musical e da súa orixinalidade: a calidade dos membros como músicos, o feito de que Sting tomara o mando como compositor no canto de Stewart Copeland, a chegada de Andy, un guitarrista extraordinario, e posiblemente o menos excesivo que ten habido nunca nun trío, a visión de mercado do seu novo axente.

O grupo separouse en 1984 por tensións persoais e artísticas. En 2007 os integrantes anunciaron un novo reencontro e unha nova xira, aínda que a animadversión entre Sting e Copeland segue a ser patente e continua.

Estilo

editar

Se algo hai que recoñecer a The Police é a súa capacidade para reinventarse na súa curta vida (7 ou 8 anos). Pronto acuñaron un estilo alcumado "white reggae". A influencia da música reggae nas composicións dos tres primeiros discos é enorme, pero sempre cun selo propio. Un estilo que a mesturaba con sons do rock e o novo pop. Así xurdiron temas como Message in a Bottle, So Lonely, Roxanne ou Walking on the Moon. Sting ten dito que The Police era un grupo de éxitos, non de bos discos. Poida que teña razón... ou poida que o diga en gran parte porque os seus primeiros discos, quizais os máis talentosos combinaban grandes composición súas con algunha de Stewart que, na opinión do osixenado loiro, desmerecían o conxunto. Esa mestura crea un estilo e un conxunto xenial, e os dous primeiros discos sen dúbida son enormes. O tempo parece dar a razón neste último sentido.

Discografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar