Dino Rađa

baloncestista croata

Dino Rađa, romanizado habitualmente como Dino Radja, nado o 24 de abril de 1967 en Split, Iugoslavia (actual Croacia) é un ex xogador profesional de baloncesto croata. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 2,11 metros xogaba nas posicións de pivote e ala-pivote. Foi membro do lendario equipo da Jugoplastika cos que gañou dúas Copas de Europa. Tamén xogou durante catro tempadas na NBA cos Boston Celtics, sendo elixido no seu ano de debut no segundo mellor quinteto de rookies. Actualmente é presidente do KK Split.

Modelo:BiografíaDino Rađa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Split, Croacia Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso120 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 2003 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Croacia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1990 KK Split
1987–1991 Selección de baloncesto de Iugoslavia
1990–1993 Pallacanestro Virtus Roma
1991–1998   Selección de baloncesto de Croacia
1993–1997 Boston Celtics
1997–1999 Panathinaikos BC
1999–2000 KK Zadar
2000–2001 Olympiacos BC
2001–2002 KK Cibona
2002–2003 KK Split
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1995EuroBasket 1995 (pt) Traducir
1994Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt) Traducir
1993Jogos do Mediterrâneo de 1993 (pt) Traducir
1993EuroBasket 1993 (en) Traducir
1992Xogos Olímpicos de 1992
1991EuroBasket 1991 (en) Traducir
1989EuroBasket 1989 (en) Traducir
1988Xogos Olímpicos de 1988
1987Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 1987 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Os seus primeiros anos

editar

Comezou xogando no KK Dalvin até a categoría júnior, de onde foi fichado con 20 anos pola Jugoplastika de Split, onde pronto destacou e fíxose coas rendas do equipo xunto ao seu compañeiro Toni Kukoč, dominando o baloncesto europeo a finais dos anos 80. Xuntos gañaron en dúas ocasións consecutivas a Copa de Europa (actual Euroliga), perdéndose o terceiro título consecutivo tras fichar por Il Messaggero dei Roma por tres tempadas, a pesar de ser elixido no Draft da NBA de 1989 polos Boston Celtics, que terían que esperar uns anos para gozar do seu xogo.

No seu primeiro ano en Roma conseguiu ter unha media de 18,1 puntos, o que fixo que a prensa europea especializada o elixise como segundo mellor xogador europeo da tempada, por detrás do seu amigo Toni Kukoč. Estas estatísticas foron melloradas nas dúas seguintes tempadas, chegando a 20,2 e 21,5 puntos por partido respectivamente. En 1992 axudou ao seu equipo a gañar a Copa Korać.

Boston Celtics

editar

Con 26 anos deu por fin o salto á NBA, ao equipo que o seleccionou no posto 40 da segunda rolda no Draft da NBA de 1989, os Boston Celtics, e non defraudou, xa que fixo unha media de 15,1 puntos e 7,2 rebotes, o que lle permitiron ser elixido o segundo mellor quinteto de rookies desa tempada, xunto a Kukoč, novato ese ano nos Chicago Bulls. En Boston pasou tres tempadas e media de forma exitosa, promediando 16,7 puntos e 8,4 rebotes, pero tras un traspaso errado aos Sixers, tomou a decisión de regresar a Europa.

Regreso a Europa

editar

En 1997 fichou polo Panathinaikos BC da Liga Grega, onde gañou dous campionatos nas dúas tempadas que disputou alí. Regresou ao seu país, asinando polo KK Zadar, volvendo a Grecia ao ano seguinte para xogar no Olympiacos BC, onde tras unha tempada na que non conseguiu o seu obxectivo de gañar a liga, volveu de novo ao seu país, ao Cibona Zagreb. Acabou a súa carreira no seu primeiro equipo, o KK Split, gañando a liga croata.

Equipos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar