Keldon Johnson

baloncestista estadounidense

Keldon Wilder Johnson, nado o 11 de outubro de 1999 en Chesterfield, Virxinia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).

Keldon Johnson
San Antonio Spurs – No. 3
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 11 de outubro de 1999 (24 anos)
Virxinia Chesterfield, Virxinia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Park View High School (South Hill, Virxinia)
Universidade Kentucky (2018–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 29
Por San Antonio Spurs
Carreira desde 2019
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2019–presente)

Traxectoria profesional editar

O 20 de xuño de 2019, Johnson foi escollido na 29ª posición do Draft da NBA de 2019 polos San Antonio Spurs.[1] Johnson asinou cos Spurs o 1 de xullo de 2019.[2] O 30 de outubro de 2019, Johnson foi asignado ós Austin Spurs, afiliado de San Antonio na NBA G League.[3] Debutou na NBA o 22 de novembro de 2019, na derrota dos Spurs por 115–104 contra os Philadelphia 76ers. O 18 de xullo de 2022, Johnson asinou un novo contrato cos Spurs por catro anos.[4]

Notas editar

  1. Orsborn, Tom (20 de xuño de 2019). "Spurs select Kentucky's Keldon Johnson with 29th overall pick". Houston Chronicle. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. "Spurs sign 2019 first round pick Keldon Johnson". NBA.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  3. "Spurs assign Luka Samanic and Keldon Johnson to Austin Spurs". NBA.com. 30 de outubro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  4. "Spurs sign Keldon Johnson to contract extension". NBA. Consultado o 18 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar