Tony Parker
William Anthony Parker, nado o 17 de maio de 1982, en Bruxas, Bélxica, é un ex xogador profesional francés de baloncesto. Xogou durante dúas tempadas na liga francesa antes de pasar a maior parte da súa carreira profesional na National Basketball Association (NBA). Ademais foi capitán da selección francesa. Parker naceu nunha familia que tiña, e continúa tendo, uns fortes lazos co baloncesto profesional.
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 17 de maio de 1982 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | INSEP (París, Francia) |
Pre-draft club | Paris Basket Racing |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 28 Por San Antonio Spurs |
Carreira | dende 1999 |
Historial de equipos | |
Paris Basket Racing (1999–2001) San Antonio Spurs (2001–2018) ASVEL Lyon-Villeurbanne (2011) Charlotte Hornets (2018–2019) | |
Premios e galardóns | |
4× Campión da NBA (2003, 2005, 2007, 2014) 1× MVP das Finais (2007) 6× NBA All-Star (2006-2007, 2009, 2012-2014) |
TraxectoriaEditar
Despois de xogar durante dous anos na liga francesa de baloncesto, Tony entrou no Draft da NBA de 2001 e foi elixido polos San Antonio Spurs. Moi rapidamente converteuse no seu "armador" (base) titular, e até agora foi elixido dúas veces no All-Star Game, e xunto a Tim Duncan e Emanuel Ginobili axudou aos Spurs a gañar Campionatos NBA. Os logros de Parker marcaron tamén a aparición dos xogadores de baloncesto franceses que manexan o seu comercio no NBA. Foi elixido MVP das Finais da NBA 2007, que tamén gañaron os Spurs.
O 10 de xuño de 2019, Parker anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.[1]
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Web oficial de Tony Parker
- Ficha de Parker en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Tony Parker Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Spears, Marc J. (10 de xuño de 2019). "‘I can’t be Tony Parker anymore’". The Undefeated. Consultado o 10 de xuño de 2019.