Vancouver Canucks
O Vancouver Canucks é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vancouver, o Canadá, que actualmente compite na NHL. Foi fundado en 1945 e competiu inicialmente na Pacific Coast Hockey League, ata que na tempada 1970-71 debutou na NHL, logo de ser aceptado pola competición xunto cos Buffalo Sabres.
Vancouver Canucks | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1945 (PCHL) 1970 (como equipo de expansión da NHL) |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Rogers Arena (18.910 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Campionatos | 0 |
Propietario(s) | Canucks Sports & Entertainment (Francesco Aquilini, presidente) |
Director | ![]() |
Afiliado(s) | Manitoba Moose (AHL) Victoria Salmon Kings (ECHL) |
Cores | Azul, verde, prata, branco |
Na rede | |
http://canucks.nhl.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
O seu alcume Canuck é un termo coloquial para referirse a calquera persoa natural do Canadá.
PavillónsEditar
Os Canucks xogan os seus partidos como locais no Rogers Arena, un pavillón inaugurado en 1995 baixo o nome de General Motors Place, e con capacidade para máis de 18.890 espectadores para os partidos dos Canucks. O Rogers Arena foi tamén a sede da competición de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010. O pavillón é propiedade e é operado por Canucks Sports & Entertainment. Antes de trasladarse ao Rogers Arena, o equipo xogaba os seus partidos como local no Pacific Coliseum, en Hastings Park, durante 25 anos. O Pacific Coliseum ten actualmente capacidade para 16.281 para partidos de hóckey sobre xeo, mentres que a súa capacidade cando foi inaugurado era de 15.713 espectadores. Durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foi sede da competición de patinaxe artístico e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Actualmente o Pacific Coliseum é a casa dos Vancouver Giants, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Western Hockey League.
Despois do traslado do equipo ao Rogers Arena, a media desespectadores aumentou notablemente, dos 13.932 espectadores de 1995 no Pacific Coliseum pasouse a unha media de 17.795 no novo pavillón ao ano seguinte. Os anos seguintes ao traslado a media de espectadores foi diminuíndo ata os 14.642 espectadores do ano 2000 (asistencia mínima no Rogers Arena). Dende o cambio de milenio a audiencia media aos partidos dos Canucks non deixou de medrar, sendo a máis alta da NHL na 2010-11 con 18.860 espectadores. na tempada 2012-13 rexistrouse a mellor entrada nunha tempada do equipo con 18.947 espectadores.[1]
Ano | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Asistencia media | 17.795 | 17.320 | 16.986 | 15.803 | 14.642 | 17.017 | 17.713 | 18.396 | 18.631 | 18.630 | 18.630 | 18.630 | 18.630 | 18.810 | 18.860 | 18.884 | 18.947 |
Maior media de espectadores esa tempada na NHL. |
XogadoresEditar
Números retiradosEditar
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada |
---|---|---|---|---|
10 1 | Pavel Bure | RW | 1991–99 | 2 de novembro de 2013 [2] |
12 | Stan Smyl | RW | 1978–91 | 3 de novembro de 1991 |
16 | Trevor Linden | RW | 1988–98, 2001–08 | 17 de decembro de 2008 |
19 | Markus Naslund | LW | 1996–2008 | 11 de decembro de 2010 |
99 2 | Wayne Gretzky | C | - | 6 de febreiro de 2000[3] |
- Notes:
- 1 Bure levou o número 10 en cinco das súas sete tempadas en Vancouver. Vestiu tamén o número 96 durante a tempada 1995–96 e 1996–97 antes de vestir outra vez o número 10 na tempada 1997–98.
- 2 Gretzky nunca xogou para a franquía. O seu dorsal 99 foi retirado de todos os equipos da Liga pola NHL.
Números fóra de circulaciónEditar
Aínda que non están oficialmente retirados, os seguintes números non son empregados polos Canucks:
- 11 - Wayne Maki, LW, 1970–1973, fóra de circulación dende a súa morte a causa dun tumor cerebral o 1 de maio de 1974. Mark Messier (C, 1997–2000) é o único xogador dos Canucks que levou este número dende aquela.
- 28 - Luc Bourdon, D, 2006–2008, fóra de circulación dende a súa morte nun accidente de moto o 29 de maio de 2008. Levou o número 4 na tempada 2006-07.
- 37 - Rick Rypien, C, 2005-2010, fóra de circulación dende o seu suicidio o 15 de agosto de 2011. Levou o número 15 na tempada 2005-07.
Hall of FameEditar
Xogadores | |||
Nome | Posición | Carreira | Introducido |
---|---|---|---|
Igor Larionov | C | 1989–1992 | 2008 |
Mark Messier | C | 1997–2000 | 2007 |
Cam Neely | RW | 1983–1986 | 2005 |
Pavel Bure | RW | 1991–1998 | 2012 |
Mats Sundin | C | 2008–09 | 2012 |
Directivos | |||
Name | Position | Career | Inducted |
Frank Griffiths | Propietario | 1974–1994 | 1993 |
Jake Milford | Director Xeral | 1977–1982 | 1984 |
Roger Neilson | Asistente, Adestrador | 1981–1984 | 2002 |
Bud Poile | Director Xeral | 1970–1973 | 1990 |
NotasEditar
- ↑ Datos de asistencia dos Vancouver Canuks en www.hockeyarenas.net
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013.
- ↑ "Gretzky's number retired before All-Star Game" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Sports Illustrated, 7 February 2000
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vancouver Canucks |
BibliografíaEditar
- Bedall, Justin (2004). Vancouver Canucks: Heartstopping Stories from Canada's Most Exciting Hockey Team. Altitude Pub. Canada. ISBN 1-55153-792-3.