Antonio Daniels
Antonio Robert Daniels, nado o 19 de marzo de 1975 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Posición | Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 27 de outubro de 1988 (35 anos) Columbus, Ohio |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | St. Francis DeSales |
Universidade | Bowling Green State |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Vancouver Grizzlies |
Carreira | dende 1997 |
Historial de equipos | |
| |
Premios e galardóns | |
| |
Información en nba.com |
Traxectoria profesional editar
Tras xogar na universidade cos Bowling Green Falcons, Daniels foi seleccionado polos Vancouver Grizzlies na 4ª posición do Draft da NBA de 1997. Na súa carreira, xogou para os Grizzlies, os San Antonio Spurs, cos cales foi campión da NBA en 1999; cos Portland Trail Blazers, cos Seattle SuperSonics e cos New Orleans Hornets. Chegou a Nova Orleáns nun traspaso a tres bandas cos Washington Wizards e os Memphis Grizzlies, o 10 de decembro de 2008.[1]
O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2014, a cambio de Bobby Brown e Darius Songaila.[2] O 24 de setembro de 2009, Daniels chegou a un acordo para desvincularse do equipo.[3] O 1 de novembro de 2010, Daniels foi seleccionado polos Texas Legends da NBA Development League na 13ª posición do Draft da NBA D-League.
O 3 de abril de 2011, Daniels asinou un contrato de 10 días cos Philadelphia 76ers.[4]
Notas editar
- ↑ HORNETS ACQUIRE ANTONIO DANIELS FROM WIZARDS
- ↑ "Wolves Acquire Antonio Daniels from New Orleans". NBA.com. 2009-09-09. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 2009-09-09.
- ↑ "Wolves Request Waivers on Antonio Daniels". NBA.com. 2009-10-24. Consultado o 2009-10-25.
- ↑ Legends' Antonio Daniels gets call from 76ers
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar