Maple Leaf Gardens

Coordenadas: 43°39′44″N 79°22′49″O / 43.662222222222, -79.380277777778

Maple Leaf Gardens (Xardín folla de pradairo, por ser a folla do pradairo o emblema da bandeira do Canadá) foi un estadio (arena) con teito localizado en Toronto, Canadá. Foi inaugurado no ano 1931, cun custo de construción de 1.5 millóns de dólares.

Maple Leaf Gardens
Exterior do Maple Leafs

Historia editar

O nome do estadio débese ao equipo da NHL que xogaba aí, os Toronto Maple Leafs, sendo unha parte emblemática na historia do Maple Leaf Gardens. Os Leafs xogaron dende 1931 ata 1999, cando se trasladaron ao Air Canada Centre.

Era un estadio especializado no hóckey sobre xeo, e alí xogaron equipos coma os Maple Leafs da NHL, os Toronto Toros da WHA, os Toronto Marlboros da OHL e incluso os Toronto Raptors da NBA, Toronto Blizzard da NASL (durante as tempadas indoor) e o Toronto Rock da National Lacrosse League, entre outros.

O estadio situábase no 60 Carlton St., Toronto, Ontario e tiña capacidade para 16,307 asentos (para o Hockei). Este foi un dos poucos estadios fóra de Estados Unidos no que tiveron lugar algúns dos concertos de Elvis Presley, logo os Beatles ofreceron concertos neste lugar durante as súas 3 xiras norteamericanas. Outra banda importante que realizou concertos aquí foi Queen. Foi definitivamente pechado no ano 2002.