Clannad
Clannad é unha banda de rock celtic irlandesa formada en 1970 en Gaoth Dobhair, no condado de Donegal (Dún na n'Gall). Os compoñentes da banda foron Máire Ní Bhraonáin (coñecida dende 2002 como Moya Brennan), os seus irmáns Ciarán O'Braonáin, Pól O'Braonáin, e os seus dous tíos Noel e Pádraig O'Dugáin. [1]Tamén formou parte da banda, entre 1979-1982, Eithne Ní Bhraonáin (Enya Brennan), irmá de Moya, Pól e Ciarán.
Clannad | |
---|---|
Clannad nuns premios en Dublín, 2007. | |
Orixe | Gaoth Dobhair, Donegal, Irlanda |
Período | 1970 - actualidade |
Membros | Moya Brennan Ciarán Brennan Pól Brennan Pádraig Duggan Noel Duggan |
Na rede | |
clannad.ie | |
En 1999, a banda gañou o Grammy ao mellor Álbum de música New Age (Landmarks) e as súas cifras de vendas superaron os 15 millóns de discos.
O 9 de agosto de 2016, aos 67 anos, faleceu Pádraig O'Dugáin na cidade de Dublin.
En 2019, Clannad comezou a súa xira de despedida In a Lifetime pero, en marzo de 2020, foi posposta por mor da pandemia da COVID-19 e se publicou un novo álbum recompilarorio titulado In a Lifetime que incluía dous temas novos.[2]
Discografía
editar- 1973 - Clannad
- 1975 - Clannad 2
- 1976 - Dúlamán
- 1979 - Clannad In Concert [Beo]
- 1980 - Crann Úll
- 1982 - Fuaim
- 1983 - Magical Ring
- 1984 - Legend
- 1985 - Macalla
- 1987 - Sirius
- 1988 - Atlantic Realm [Fuaimriain]
- 1989 - Past Present
- 1989 - The Angel and the Soldier Boy [Fuaimriain]
- 1990 - Anam
- 1993 - Banba
- 1996 - Lore
- 1997 - Landmarks
- 1998 - An Díolaim
- 2003 - The Best Of Clannad: In A Lifetime
- 2005 - Clannad: Live In Concert, 1996
Notas
editar- ↑ "Clannad original lyrics". lyricsfreak.com (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ "Clannad Announce ‘In A Lifetime’ Career-Spanning World Tour". thatericalper.com (en inglés). 24 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clannad |