Río Sionainn
O río Sionainn (en inglés Shannon) é o río máis longo de Irlanda. Divide o oeste da illa (maioritariamente a provincia de Connacht) do leste e do sur (Leinster e a maioría de Munster). O río ten sido dende a antigüidade unha importante vía de comunicación. Por vez primeira plasmado nun mapa por Tolomeo, o longo río de 386 km flúe xeralmente cara o sur dende Lag na Sionna no Condado de Chabháin antes de torcer ó oeste e verquer no Océano Atlántico a través do longo Estuario do Sionainn de 113 km. A cidade de Luimneach (en inglés Limerick) érguese no punto no que a auga do río se xunta coa do mar no estuario.
Río Sionainn | |
---|---|
![]() | |
País | Irlanda |
Lonxitude | 320 km |
Desembocadura | Océano Atlántico |
![]() | |
Curso do río | |
O río Shannon ó seu paso por Limerick.
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |