Sceilg Mhichíl
Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry[1]. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha[2]. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.
(ga) Sceilig Mhichíl | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Arcanxo Miguel e pena | |||
Parte de | Illas Skellig | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Skellig | |||
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Kerry, Irlanda | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 218 m | |||
Tamaño | 0,422 () × 0,842 () km | |||
Superficie | 0,219 km² | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (iv) | |||
Identificador | 757 | |||
Monumento nacional de Irlanda | ||||
Identificador | 61 | |||
Patrimonio da Humanidade
editarEn 1996, o complexo monástico da illa foi incluído na listaxe de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO baseándose en criterios culturais:
...o sitio posúe un valor universal por tratarse dun excepcional, e en moitos aspectos único, exemplo dun asentamento relixioso temperá deliberadamente situado sobre unha rocha piramidal no océano, preservado grazas á súa salientábel contorna natural. Ilustra, como en ningures, os extermos dun monasticismo cristián moi característico do norte de África, Oriente Próximo e Europa.UNESCO
Fauna
editarXunto coa súa irmá máis nova, Sceilg Beag, Sceilg Mhichíl é unha importante reserva natural. As dúas illas acollen importantes colonias de aves mariñas como mascatos, fulmarus, garruchos, araos romeiros, araos dos cons e araos papagaios. O paíño europeo e a pardela furabuchos tamén aniñan en gran número.
Galería de imaxes
editar-
O mosteiro.
-
O faro.
-
Escaleiras para subir ao mosteiro.
-
Vista do horizonte dende o mosteiro.
-
Cemiterio dos monxes.
-
Casas dos monxes.
-
Vista das escaleiras
-
Ascenso e vista de Sceilg Beag (a illa pequena)
Notas
editar- ↑ whc.unesco.org (ed.). "Sceilg Mhichíl". Consultado o 12 de marzo de 2016.
- ↑ Edward Bourke, Alan R. Hayden, Ann Lynch (2011). Department of Arts, Heritage and the Gaeltacht, ed. Skellig Michael, Co. Kerry: The Monastery and South Peak - Archaeological stratigraphic report: excavations 1986–2010 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sceilg Mhichíl |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |