Fulmarus

xénero de aves

Fulmarus (os fulmares) é un xénero de aves mariñas da familia dos proceláridos con dúas especies actuais e dúas especies fósiles coñecidas. Lembran superficialmente a gaivotas, pero diferéncianse en que teñen tubos nasais característicos e unha forma distinta de voar que a das gaivotas coas ás ríxidas, e non pertencen á familia das gaivotas, senón á dos proceláridos. Xeralmente reprodúcense facendo un niño no chan en cantís, onde poñen un, ou raramente dous, ovos. Fóra da estación reprodutora son peláxicos, alimentándose de peixes, luras e gambas en mar a fóra. Producen un aceite estomacal fedorento que poden lanzar contra os seus inimigos e tamén lles serve como fonte enerxética de reserva.[1]

Etimoloxía editar

O nome xenérico Fulmarus deriva das palabras do nórdico antigo fúll, 'fedorento' e már 'gaivota', en referencia ao mal cheiro do seu aceite estomacal, que poden lanzar contra os intrusos.[2]

Taxonomía editar

Existen dúas especies de fulmares, que ocupan o mesmo nicho ecolóxico, unha na zona ártica e outra na antártica. O fulmar do Ártico é a especie Fulmarus glacialis, que vive no norte do Atántico e do Pacífico. O fulmar do Antártico é o Fulmarus glacialoides que vive nos océanos do sur nas rexións antárticas. A especie do norte é gris e branca e ten bico amarelo, mide de 43 a 52 cm de lonxitude e de 102 a 112 cm de envergadura alar.[3] A especie do sur é de cores máis claras coa punta do bico negra e mide de 45 a 50 cm de lonxitude e de 115 a 120 cm de envergadura alar.

Describíronse ademais dúas especies prehistóricas fósiles atopadas na costa do Pacífico en California: Fulmarus miocaenus (da Formación Temblor do Oligoceno-Mioceno) e Fulmarus hammeri (do Mioceno).[4]

Galería editar

Notas editar

  1. Double, M. C. (2003)
  2. Gotch, A. T. (1995)
  3. Maynard, B. J. (2003)
  4. Howard, Hildegard (1984). "Additional Avian Records from the Miocene of Kern County, California with the Description of a New Species of Fulmar". Bull. Southern California Acad. Sci. 83 (2): 84–89. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aberdeen (2005). Fowlsheugh Ecology. Lumina Press. 
  • Bull, John; Farrand Jr., John (June 1993) [1977]. "Open Ocean". En Opper, Jane. The Audubon Society Field Guide to North American Birds. The Audubon Society Field Guide Series. Birds (Eastern Region) (First ed.). New York, NY: Alfred A. Knopf. p. 314. ISBN 0-394-41405-5. 
  • Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David, S.; Wheye, Darryl (1988). The Birders Handbook (First ed.). New York, NY: Simon & Schuster. p. 14. ISBN 0-671-65989-8. 
  • Gotch, A. F. (1995) [1979]. "Albatrosses, Fulmars, Shearwaters, and Petrels". Latin Names Explained A Guide to the Scientific Classifications of Reptiles, Birds & Mammals. New York, NY: Facts on File. pp. 191–192. ISBN 0-8160-3377-3. 
  • Harrison, P. (1983). Seabirds: an identification guide. Beckenham, U.K.: Croom Helm. ISBN 0-7470-1410-8. 
  • Yeatman, L. (1976). Atlas des oiseaux nicheurs de France. Paris: Société Ornithologique de France. p. 8.  Ver tamén outras publicacións máis recentes con título similar.

Ligazóns externas editar