Peláxico

zonas do mar moi distantes da terra

O adxectivo peláxico refírese ás zonas do mar moi distantes da terra, ou aos seres que viven nas zonas máis profundas do mar.[1]

Diagrama dos niveis da zona peláxica (columna de auga).

O termo deriva do grego antigo πέλαγος pélagos, "mar aberto", é dicir, a parte dos océanos que están sobre a zona peláxica, ou sexa, a columna de auga do océano que non está sobre a plataforma continental. Os organismos que habitan esta área denomínanse, por tanto, peláxicos.

En ecoloxía e hidroloxía a columna de auga é unha columna conceptual de auga que se estende desde a superficie dun mar, un río ou un lago até o sedimento do fondo.[2]

En contraste, a zona demersal comprende as augas achegadas á costa. Este último nome deriva do latín demergere, "somerxer", por ser a zona onde se pode un percibir o fondo para mergullarse.

Denomínase zona abisal ou zona abisopeláxica a un dos niveis nos que está dividido o océano segundo a súa profundidade; está por debaixo da zona batial ou zona batipeláxica, e por riba da zona hadopeláxica ou zona hadal, e corresponde ao espazo oceánico entre os 3 000 e os 6 000 m de profundidade. É unha zona escura, onde a luz solar non chega.

Divisións

editar

Esta zona divídese nun número de subzonas, baseadas nas súas diferentes características ecolóxicas (que, máis ou menos, indican a súa profundidade):

  • Zona epipeláxica (desde a superficie até os 200 m, aproximadamente). É a zona onde hai suficiente luz para realizar a fotosíntese e, por tanto, onde están moi concentrados os animais e as plantas, polo que tamén se denomina zona fótica. Aquí tipicamente encontramos peixes como o atún e moitos tiburóns.
  • Zona mesopeláxica (dos 200 m até os 1 000 m, aproximadamente). É a zona de penumbra. Aínda que penetra un pouco de luz até esta profundidade, esta é insuficiente para a fotosíntese. o nome vén do prefixo grego μέσον, méson, "intermedio.
  • Zona antropeláxica (1 000 m, aproximadamente). É unha zona de transición; nalgunhas fosas existe presenza de material orgánico, pero non existen vexetais vivos.
  • Zona batial ou batipeláxica (dos 1 000 m até os 4 000 m. aproximadamente) O nome deriva do grego βάθος báthos, "profundidade", e de βαθύς bathýs, "profundo". A esta profundidade o océano está practicamente en completa escuridade (só con excepción da ocasional bioluminescencia dalgúns organismos). Non hai plantas vivas, e a maioría dos animais sobreviven consumindo a chamada neve mariña (que cae dos niveis superiores), ou depredando a outros. As luras xigantes viven neste nivel, e son cazadas polos cachalotes.
  • Zona abisal, o abisopeláxica (dos 4 000 m até o leito mariño). Nesta zona non hai luz, e a maioría dos seus habitantes son cegos e transparentes. O nome vén do grego άβυσσος ábyssos, "abismo", ou sexa, sen fondo (unha reminiscencia dos tempos en que se cría que o océano non tiña fondo).
  • Zona hadal ou hadopeláxica (a zona que está dentro das fosas oceánicas). O nome vén do grego ᾍδης Hadēs, Hades, "O Invisíbel", que alude tanto ao antigo inframundo grego como ao deus deste. Esta zona é descoñecida nun 90 %, e coñécense moi poucas especies que vivan aí.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. peláxico no dicionario da RAG.
  2. Munson, B. H.; Axler, R.; Hagley C.; Host G.; Merrick G. & Richards C. (2004): Glossary. Water on the Web. University of Minnesota-Duluth.