Condado de Kerry
O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.[1]. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.
| |||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||
Información | |||||
País | ![]() | ||||
Provincia | ![]() | ||||
Capital | Tralee | ||||
Superficie | 4.746 km2 | ||||
Poboación | 139.616 (2006) | ||||
Código | KY | ||||
kerrycoco.ie |
O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.
O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.
Topónimo editar
Kerry é unha anglicismo de Ciarraí, que deriva de Ciarraighe, ou "xente de Ciar", o nome da tribo pre-gaélica que viviu en parte do condado actual. O fundador lendario da tribo foi Ciar, fillo de Fergus mac Róich.[2] En irlandés antigo "Ciar" significaba negro ou marrón escuro, e a verba úsase no irlandés moderno como adxectivo que describe a cor morena da pel.[3]
Lugares editar
|
|
Personaxes egrexios editar
|
|
|
Notas editar
- ↑ Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191.
- ↑ T J Barrington, Discovering Kerry, its History Heritage and toponymy, Dublin, 1976
- ↑ Gearrfhoclóir Gaeilge-Béarla, Dublin, 1981
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Kerry |