Maureen O'Hara
Maureen FitzSimons, nada en Dublín o 17 de agosto de 1920 e finada en Boise (Idaho) o 24 de outubro de 2015,[1] foi unha actriz irlandesa-estadounidense coñecida como Maureen O'Hara.
Maureen O'Hara | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Maureen FitzSimons |
Nacemento | 17 de agosto de 1920 |
Lugar | Ranelagh |
Falecemento | 24 de outubro de 2015 |
Lugar | Boise |
Soterrado | Cemiterio Nacional de Arlington |
Nacionalidade | Irlanda e Estados Unidos de América |
Relixión | catolicismo |
Cónxuxe(s) | Charles F. Blair, Jr., Will Price e George H. Brown |
Fillos | Bronwyn FitzSimons |
Profesión | escritora, autobiógrafa, cantante, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión e actriz |
Na rede | |
http://moharamagazine.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Naceu nun suburbio de Dublín, sendo a segunda de seis irmáns. Entre os seis e os dezasete anos estudou arte dramática, música e danza, e aos dez anos uniuse a unha compañía de teatro afeccionado. Unha proba chamou a atención do actor Charles Laughton, especialmente pola expresividade dos seus ollos. Grazas a Laughton e ao seu socio Erich Pommer O’Hara conseguiu un contrato de sete anos coa Mayflower Pictures. Laughton tamén lle conseguiu o papel de Esmeralda en The Hunchback of Notre Dame que se rodou en Hollywood.
A chegada da segunda guerra mundial fixo que Laughton considerase que non era posible manter o contrato de O’Hara en Londres e pasouna á RKO, que lle deu papeis en filmes de pouco orzamento. Destes filmes salvouna John Ford, que lle deu o papel de Angharad en Que verde era o meu val.
Dona dunha voz de soprano, en 1960 estreou o musical de Broadway Christine e ese mesmo ano gravou dous discos de éxito. Retirouse da interpretación en 1971, pero volveu vinte anos máis tarde para interpretar a nai de John Candy en Only the Lonely.
Desde que sufriu un infarto en 2005, viviu principalmente en Glengarriff (Condado de Cork) antes de trasladarse a Idaho.[2]
Filmografía Editar
Ano | Filme |
---|---|
1938 | Kicking the Moon Around |
My Irish Molly | |
1939 | Jamaica Inn |
The Hunchback of Notre Dame | |
1940 | A Bill of Divorcement |
Dance, Girl, Dance | |
1941 | They Met in Argentina |
Que verde era o meu val | |
1942 | To the Shores of Tripoli |
Ten Gentlemen from West Point | |
The Black Swan | |
1943 | Immortal Sergeant |
This Land Is Mine | |
The Fallen Sparrow | |
1944 | Buffalo Bill |
1945 | The Spanish Main |
1946 | Sentimental Journey |
Do You Love Me | |
1947 | Sinbad the Sailor |
The Homestretch | |
Miracle on 34th Street | |
The Foxes of Harrow | |
1948 | Sitting Pretty |
1949 | Un segredo de muller |
The Forbidden Street | |
Father was a Fullback | |
Bagdad | |
1950 | Comanche Territory |
Tripoli | |
Rio Grande | |
1951 | Flame of Araby |
1952 | At Sword's Point |
Kangaroo | |
O home tranquilo | |
Against All Flags | |
1953 | The Redhead from Wyoming |
War Arrow | |
1954 | Malaga |
1955 | Berce de heroes |
The Magnificent Matador | |
Lady Godiva of Coventry | |
1956 | Lisbon |
Everything But the Truth | |
1957 | The Wings of Eagles |
1959 | Our Man in Havana |
1961 | The Deadly Companions |
The Parent Trap | |
1962 | Mr. Hobbs Takes a Vacation |
1963 | Spencer's Mountain |
McLintock! | |
1965 | The Battle of the Villa Fiorita |
1966 | The Rare Breed |
1970 | How Do I Love Thee? |
1971 | Big Jake |
1991 | Only the Lonely |
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maureen O'Hara |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas Editar
- Maureen O'Hara na IMDb (en inglés).
- Virtual History