Alan IV da Bretaña

Alan IV da Bretaña coñecido como Alan Fergent (Alan IV Fergent) ou Fergant, nado en 1060 e finado o 13 de outubro de 1119, fillo de Hoel II da Bretaña e Havoisa da Bretaña, foi conde de Cornualla, de Rennes e Nantes e finalmente duque da Bretaña de 1084 a 1112. Fergant significa en bretón "o valente perfecto" dun xeito semellante ao nome dinástico escocés "Fergus".

Alan IV da Bretaña
Alain Fergent, duc de Bretagne.jpg
Nacemento1060
Lugar de nacementoChâteaulin
Falecemento13 de outubro de 1119
Lugar de falecementoRedon
SoterradoRedon Abbey
EtniaPobo bretón
Relixióncristianismo
PaiHoel II da Bretaña
NaiHavoisa da Bretaña
CónxuxeConstança da Normandia e Ermengarda de Anjou
FillosConan III da Bretaña, Hawise of Brittany, Brian Fitz Count e Geoffroy de Bretagne
IrmánsMathias II de Bretagne
Na rede
WikiTree: Bretagne-73
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Selo de Alan IV segundo Dom Morice
 
Alan Fergent segundo un cadro hoxe desaparecido da Abadía de Redon

Nado no castelo de Châteaulin ao redor de 1060, converteuse en duque da Bretaña e conde de Cornualla e Nantes á morte do seu pai o 13 de abril de 1084. É considerado o último duque en falar habitualmente bretón. Tivo que restaurar a autoridade ducal ao condado de Rennes contra Geoffroy Grenonat, o irmán de Conan II da Bretaña, ao que sucedera como conde vitalicio. Desde 1084 á fronte do seu exército apoderouse de Rennes e enviou a Grenonnat a Quimper, onde morreu o mesmo ano, permitíndolle a Alan recuperar o título de conde de Rennes. No mesmo ano, nomeou o seu fiel irmán Matías á fronte do condado de Nantes, aínda que retomaría persoalmente o título deste condado cando morreu en 1103.

En 1087[1] casou en primeiras nupcias con Constanza de Normandía, filla de Guillerme, I de Inglaterra, o Conquistador, que había morrer envelenada en 1090, sen deixar descendencia [1]. En 1093, casou en segundas nupcias con Ermengarda de Anjou, filla de Fulque IV de Anjou e rebesneta de Fulque III.

Preferiu ficar na parte bretoa do ducado, da que era orixinal, e vivía polo seu gusto nos seus castelos de Auray e sobre todo de Carnoët non moi lonxe da abadía da Santa-Cruz de Quimperlé rexida polo seu tío Binidic (Bieito).

A tranquilidade na que viviu o ducado permitiu a Alan Fergent responder á chamada de Urbano II e, en compañía doutros señores bretóns, uniuse, durante o verán de 1096, á primeira cruzada. Estivo ausente da Bretaña durante cinco anos, deixando o ducado baixo a firme autoridade de Ermengarda.

De volta da cruzada e baixo a influencia da súa piadosa esposa, Alan está cada vez máis interesado nos temas relixiosos e apoia a reforma do clero secular levado a cabo por Marbod, bispo de Rennes. Esta evolución cara ao espiritual non lle impide tomar o partido do rei de Inglaterra Henrique I Beauclerc no seu conflito co seu irmán Robert Courteheuse e participar na batalla de Tinchebray en 1106. Fíxose vasalo de Henrique I e casou o seu fillo Conan coa filla natural do rei de Inglaterra, Matilde.

Enfermo, abdicou en 1112 a favor de Conan e retirouse á abadía de San Salvador de Redon. Morreu o 13 de outubro de 1119 e foi enterrado alí.

Matrimonios e descendenciaEditar

Alan IV casou en 1087 con Constanza de Normandía, filla de Guillerme o Conquistador. Esta unión non terá posteridade.

Da súa unión en 1093 con Ermengarda de Anjou naceron tres fillos:

  1. Conan III, duque da Bretaña.
  2. Geoffroi "o Roxo" morto en Xerusalén en 1116.
  3. Inés da Bretaña (ou Havoisa) casada sobre 1110 con Balduíno VII de Flandres.

Dunha ou dúas amantes descoñecidas Alan Fergent deixou dous fillos:

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 . Crònica de Kemperleg

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • André Chédeville e Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France, Université Rennes (1987) ISBN 9782737300141.
  • Joëlle Quaghebeur La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse Presses Universitaires de Rennes (2002) ISBN 2868477437
  • Arthur de La Borderie, Histoire de Bretagne: Tome troisième. Réédition Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975) « Le duc Alain Fergent » pàgs. 30–36.
  • Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille : Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968.