Quimperlé
Coordenadas: 47°52′22″N 3°32′59″O / 47.87278, -3.54972
Quimperlé (Kemperle en bretón),[2] é unha comuna francesa do departamento de Finistère, na rexión de Bretaña.
Quimperlé | ||
---|---|---|
Kemperle | ||
Quai Brizeux, en Quimperlé | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | ![]() | |
Departamento | Finistère | |
Xeografía | ||
Altitude | Media 35 msnm Máxima 832 msnm Mínima 22 msnm | |
Superficie | 31,73 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 12 156 hab. (2011) | |
Densidade | 384,12 hab./km² | |
Xentilicio | Quimperlois, Quimperloises (en francés) | |
Outros datos | ||
Código postal | 29300[1] | |
Alcalde | Michaël Quernez (2020-2026) | |
Quimperlé/Kemperle Páxina web oficial |
XeografíaEditar
Qumimperlé está situada no sueste do departamento de Finistère, a 19,7 km de Lorient e a 44 km de Quimper.
O nome Quimperlé ven de "kemper", que significa confluencia en bretón, e de "Ellé", un dos ríos que atravesan a localidade. Efectivamente, o Ellé e o Isole conflúen á altura de Quimperlé para dar lugar a La Laïta, unha ría de 15 km que foi navegábel noutro tempo e que permitiu a aparición dun porto en Quimperlé.
A nivel urbano distínguese claramente a cidade baixa, situada na confluencia dos ríos e polarizada historicamente pola abadía da Sainte-Croix, da cidade alta, xurdida ao redor da igrexa de Saint-Michel.
DemografíaEditar
Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1901 | 1936 | 1954 | 1968 | 1975 | 1990 | 2007 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 4 549 | 5 617 | 6 114 | 9 036 | 9 335 | 10 030 | 10 698 | 10 907 | 10 748 | 10 877 | 12 052 |
HistoriaEditar
Durante a Alta Idade Media debeu existir un primeiro asentamento bretón que foi destruído no ano 868 debido a unha incursión normanda. A cidade, unha vez reconstruída, tomou o nome actual.
Segundo a tradición, o 14 de setembro de 1029 foi fundada a abadía beneditina da Sainte-Croix, que se arrequeceu rapidamente e despertou a cobiza dos condes de Cornualles e despois dos duques da Bretaña. Non en van o xeógrafo árabe Al Idrisí aseguraba en 1154 que "Kimberlik" era «unha cidade ben situada, pequena e animada, que posúe mercados activos e moitas industrias». No século XIII o duque Xoán I o Vermello mandou construír unha muralla para protexer a cidade baixa.
Durante o século XVI Quimperlé non se librou das perturbacións orixinadas polas guerras de relixión francesas, e incluso chegou a ser brevemente ocupada en 1594 polo exército español comandado por Juan del Águila. No século XVIII o comercio marítimo debilitouse debido á sedimentación na La Laïta, porén a actividade industrial aumentou, impulso que se acentuaría no século XIX.
GaleríaEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quimperlé |
Ligazóns externasEditar
- Quimperlé no INSEE (en francés).
- Oficina de turismo (en francés).
- Información cultural (en francés).