Ducado da Bretaña

(Redirección desde «Duque da Bretaña»)

O Ducado da Bretaña (en bretón: Dugelezh Breizh, e en francés: Duché de Bretagne) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).

Modelo:Xeografía políticaDucado da Bretaña
Duché de Bretagne (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalNantes
Rennes Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua bretoa
Lingua gala
lingua francesa
lingua latina Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación939 Editar o valor em Wikidata
Disolución1547 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernofeudal monarchy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoEstates of Brittany (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.

Soberanos da Bretaña editar

Reino da Bretaña (séc. IX - séc. X) editar

Artigo principal: Reino da Bretaña.

Os carolinxios someteron aos bretóns no século VIII, pero as diversas expedicións organizadas durante os reinados de Carlomagno e Ludovico Pío mostran que os bretóns permaneceron insubmisos. En 831, Ludovico Pío cambiou de estratexia: pactou con Nominoe, un nobre bretón ao que fixo conde de Vannes, e nomeouno missi dominici para os territorios bretóns. Nominoe é considerado o Pai da Patria bretoa. Os seus sucesores até a invasión normanda noméanse reis da Bretaña. A lista de reis da Bretaña á a seguinte:

Ducado da Bretaña (séc. X - séc. XVI) editar

 
A Kroaz Du (Cruz Negra), estandarte do ducado da Bretaña desde o século XIV.

A pesar da soberanía nominal francesa, o ducado foi case independente até 1532, ano en que foi incorporado definitivamente a Francia. Os duques da Bretaña até 1532 foron:

Dinastía de Nantes editar

O ducado naceu en 936, ao final da ocupación normanda da Bretaña. Alan II, neto do último rei da Bretaña, Alan I, liberou o país do xugo normando e converteuse no primeiro duque da Bretaña.

Dinastía de Rennes editar

Dinastía de Cornualla (1066-1203) editar

Dinastías de Penthièvre, Plantagenet e Thouars editar

En 1154, o conde de Cornualla, Hoel, herdou o condado de Nantes e, en 1066, casou con Havoisa, herdeira do ducado da Bretaña. O poder ducal durante a dinastía de Cornualla non foi moi forte até a intervención dos Plantagenet, condes de Anjou, duques de Normandía e reis de Inglaterra: en 1171, Henrique II de Inglaterra organizou o casamento do seu moi xove fillo Godofredo (morto en 1186) coa moi xove herdeira do ducado, Constanza (morta en 1201). Henrique II, co título de baillistre (rexente) foi o verdadeiro duque da Bretaña de 1166 a 1186, e o rei Ricardo I de Inglaterra, de 1186 a 1199.

Dinastía de Dreux (1203-1341) editar

A vitoria dos reis de Francia contra os Plantagenet provocou consecuencias na Bretaña. Despois da morte de Artur I, Filipe Augusto organizou o casamento da herdeira, Alix (filla de Constanza e do seu terceiro marido, Guido de Thouars) cun francés, Pedro de Dreux (Pedro I Mauclerc).

A guerra de sucesión da Bretaña (1341-1364) editar

Despois da morte sen descendencia de Xoán III houbo un conflito entre Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III, esposa de Carlos de Blois, apoiada polo rei de Francia, e Xoán de Montfort, medio irmán do duque, apoiado polo rei de Inglaterra. Xoán de Montfort morreu en 1345, pero Eduardo III de Inglaterra continuou a guerra na Bretaña, dirixida desde o 1352 por "tenentes xenerais" e capitáns ingleses.

Esta longa e devastadora guerra concluíu en 1364, coa vitoria en Auray dun exército dirixido por John Chandos e o fillo de Xoán de Montfort, tamén chamado Xoán. Carlos de Blois morreu durante esta batalla. Tras o tratado de Guérande (1365), Xoán de Montfort foi recoñecido como duque da Bretaña, vasalo do rei de Francia; Xoana de Penthièvre conservou o seu dominio.

Dinastía de Montfort (1364-1491) editar

 
Cadière da duquesa Ana da Bretaña (1498)

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.