Hoel II da Bretaña

Hoel II da Bretaña (Hoel de Cornualla ou máis propiamente Hoel V de Cornualla), chamado Houel Huuel en bretón, nado c. 1030[1] e finado en Kemper o 13 de abril de 1084, fillo máis vello de Alan Canhiart, conde de Cornualla, e Xudite de Nantes, filla e herdeira de Judicael, conde de Nantes, foi conde de Cornualla e Nantes, e despois duque da Bretaña de 1066 a 1084.

Infotaula de personaHoel II da Bretaña
Biografía
Nacemento1030 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1084 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Quimper, Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde
Duque Editar o valor em Wikidata
FamiliaQ4233430 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHavoisa da Bretaña (1066 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosAlan IV da Bretaña, Mathias II de Bretagne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlain Canhiart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Judith of Nantes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBenoît de Cornouaille (en) Traducir e Guérech II de Cornouaille (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cornouaille-16

Traxectoria editar

Converteuse en conde de Cornualla á morte do seu pai en 1058, e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudite, en 1063. Para fortalecer o control da casa de Cornualla sobre Nantes, fixo elixir (1059) e logo consagrar (1061) ao seu irmán máis novo Guerech de Cornualla como bispo da cidade ao seu irmán máis novo Guerech II de Cornualla (o bispo Guerech II de Nantes). Á morte de Guerech o 31 de xullo de 1079, o seu segundo irmán Bieito de Cornualla, abade de Santa Cruz de Quimperlé desde 1066, sucedeuno á fronte do bispado.

Antes do 1058, Hoel casara con Havoisa da Bretaña, filla do duque Alan III da Bretaña e irmá de Conan II. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña o 11 de decembro de 1066. Só o condado de Rennes escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a Geoffroy Grenonat, un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.

Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de Inglaterra con Guillerme o conquistador gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de Eudón de Porhoët, obtivo o condado de Richmond.[2]

O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en 1072. Hoel tivo que afrontar, entre 1075 e 1077, un levantamento dos señores bretóns dirixidos por Geoffroy Boterel (fillo de Odón de Penthièvre), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), Eudón I de Porhoët e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualla. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de Guillerme o conquistador e a intervención nos combates do seu fillo máis vello Alan IV Fergent.

O duque Hoel residía en Quimper e en Nantes coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084.[1]

Matrimonio e fillos editar

Da súa unión antes de 1058 con Havoisa da Bretaña naceron cinco nenos:

  1. Alan IV Fergent, duque da Bretaña.
  2. Matías II da Bretaña, conde de Nantes.
  3. Eudon, citado nun diploma do cartulario de Redon en 1089.
  4. Adela II, abadesa de Saint-Georges de Rennes desde 1085 ata a súa morte o 14 de outubro de 1152.
  5. Havoisa, coñecida por un diploma do cartulario da Abadía de Saint-Georges de Rennes de 1085.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084), volume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pp. 95-117
  2. Chédeville, Tonnerre, op. cit., p. 78.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel: Conde de Cornouaille puis duc de Bretagne (ca. 1030-1084), t. CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), p. 95-117
  • Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse, Presses Universitaires de Rennes (2002) (ISBN 2868477437).
  • André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne feudale XIe - XIIIe siècle . Ouest-France Université Rennes (1987) (ISBN 27-37300-14-2).
  • Artur Lemoyne de La Borderie, historiador de Bretaña: Tome troisième . Reimpreso por Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975), Le duc Hoël de Cornouaille p. 24-29.
  • Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille: Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968