Juan Bautista Topete
Juan Bautista Topete y Carballo, nado en San Andrés de Tuxtla, Estado de Veracruz, México, en 1821 e finado en Madrid en 1885, foi un mariño e político español.
Juan Bautista Topete | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan Bautista Topete y Carballo |
Nacemento | 24 de maio de 1821 |
Lugar de nacemento | San Andrés Tuxtla |
Falecemento | 29 de outubro de 1885 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | camposanto de San Isidro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, militar e ministro |
Pai | Juan Bautista Topete y Viaña |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ordem de São Silvestre Papa, Cruz Laureada de São Fernando, Ordem de Carlos III, Order of Saint Hermenegild e Cross of Naval Merit with red badge |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
En 1838 ingresou na Armada. Distinguiuse pola súa actuación na Escuadra del Cantábrico durante a Primeira guerra carlista, e en América contra os piratas e tratantes de escravos. En 1860, participou na Guerra de África.
En 1865 foi destinado ao Pacífico, onde ao mando do contralmirante Castro Méndez Núñez participou nos bombardeos de Valparaíso (Chile) e o de El Callao (Perú), onde foi ferido gravemente. Tras a guerra foi ascendido a brigadier.
Máis tarde foi nomeado Capitán da Escuadra de Cádiz. En 1868 pronunciouse en contra de Isabel II e revelou a toda a súa frota, co que iniciou unha revolución que acabaría destronando á raíña.
Entre 1868 e 1869, ocupou o posto de Ministro da Mariña e de Ultramar. En 1870, Joan Prim morreu tras sufrir un atentado, polo que Topete ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros.
Durante o reinado de Amadeu I de Savoia, volve ocupar os cargos de Ministro da Mariña e de Ultramar. Tras a proclama da I República foi encarcerado. Tras o golpe do xeneral Pavía en 1874, ocupou de novo o posto no ministerio da Mariña.
Sexenio Revolucionario | ||
---|---|---|
Segue a: Joan Prim i Prats |
Juan Bautista Topete | Precede a: Francisco Serrano Domínguez |
Presidente do Goberno de España |