José María Beránger

político español

José María Beránger y Ruiz de Apodaca, nado en Cádiz no 1824 e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1907. Foi un militar e ministro español.

Infotaula de personaJosé María Beránger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1824 Editar o valor em Wikidata
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1907 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
rúa Serrano, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Ministro de Mariña de España
23 de marzo de 1895 – 4 de outubro de 1897
← Manuel Pasquín y de Juan (en) TraducirSegismundo Bermejo (en) Traducir →
Ministro de Mariña de España
11 de marzo de 1892 – 11 de novembro de 1892
← Florencio MontojoJosé López Domínguez →
Ministro de Mariña de España
5 de xullo de 1890 – 5 de novembro de 1891
← Juan Romero y MorenoAntonio Cánovas del Castillo →
Ministro de Mariña de España
27 de novembro de 1885 – 10 de outubro de 1886
← Manuel de la Pezuela y Lobo-Cabrilla (en) TraducirRafael Rodríguez Arias →
Ministro de Mariña de España
13 de xuño de 1872 – 24 de febreiro de 1873
← Juan Bautista Topete y CarballoJacobo Oreyro y Villavicencio (en) Traducir →
Ministro de Mariña de España
20 de marzo de 1870 – 5 de outubro de 1871
← Juan Bautista Topete y CarballoJosé Malcampo y Monge →
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar , oficial da armada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCapitán General de la Real Armada Española (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
José María Beránger en 1902.

Traxectoria editar

Ao mando da Victoria, uniuse á causa do xeneral Prim en 1868, apresando ao vapor de guerra Colón, no que viaxaba o almirante Pavía, Capitán Xeneral do Departamento de Ferrol [1]

Entre o 20 de marzo de 1870 e o 4 de xaneiro de 1871 ocupou a carteira de Ministro de Mariña durante o período de rexencia do xeneral Francisco Serrano y Domínguez trala Revolución de 1868.

Xa baixo o reinado de Amadeu I ocupará esa mesma carteira ministerial en tres ocasiones. A primeira delas, sen solución de continuidade coa anterior, abarcará desde o 4 de xaneiro ata o 24 de xullo de 1871 no goberno presidido polo xeneral Francisco Serrano. Posteriormente ocupará a citada carteira entre o 24 de xullo e o 5 de outubro de 1871, así como entre o 13 de xuño de 1872 e o 11 de febreiro de 1873, en ambas ocasións en gobernos presididos por Manuel Ruiz Zorrilla.

Trala renuncia ao trono de Amadeu I e a proclamación da Primeira República Española formou parte do primeiro goberno da mesma presidido por Estanislao Figueras, encargándose novamente do ministerio de Mariña entre o 11 de febreiro e o 24 de febreiro de 1873.

O golpe de Estado protagonizado polo xeneral Manuel Pavía o 2 de xaneiro de 1874, seguido polo pronunciamento que o 29 de decembro dese mesmo ano realizará o xeneral Martínez Campos, provocarán a caída da Primeira República Española e a restauración monárquica. José María Beránger e Ruiz de Apodaca, que colaborara no golpe do xeneral Pavía, será elixido senador por Almería en 1876 e por A Coruña en 1881. En 1883 o rei Afonso XII noméao senador vitalicio.

O 27 de novembro de 1885 volveu ocupar a carteira do ministerio de Mariña no goberno presidido por Sagasta, cesando na mesma o 10 de outubro de 1886 pola súa negativa a aceptar o indulto ao xeneral Villacampa. En 1890 e 1892 ocupou de novo a citada carteira ministerial, cunha paréntese entre ambas etapas, con Cánovas. Nesta etapa ocupouse de destruír o proxecto do submarino de Isaac Peral y Caballero. Entre 1895 e 1897 volveu de novo á mesma carteira o mesmo presidente de goberno. Pasou á reserva en 1896.

Notas editar

Bibliografía editar