Domingo Dulce
Domingo Dulce y Garay, nado en Sotés, A Rioxa o 7 de maio de 1808 e finado en Amélie-les-Bains, Francia, o 23 de novembro de 1869). Foi un militar español.
Domingo Dulce | |
---|---|
![]() O xeneral Dulce nun gravado do século XIX | |
Nome completo | Domingo Dulce y Garay |
Nacemento | 7 de maio de 1808 |
Sotés | |
Falecemento | 23 de novembro de 1869 |
Amélie-les-Bains-Palalda | |
Nacionalidade | Cuba e España |
Ocupación | político e militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou en 1823 no exército coincidindo co final do Trienio liberal e participou na primeira guerra carlista cos militares cristinos e baixo as ordes de Baldomero Espartero a quen lle unía unha profunda amizade, obtendo catro Cruces Laureadas de San Fernando. Froito da amizade con Espartero foi a súa colaboración durante a rexencia deste, sendo persoa destacada para sufocar a revolución de 1841 cando os moderados, con Diego de León e Manuel de la Concha á fronte, trataron de tomar, entre outras accións, o Palacio Real de Madrid e secuestrar á raíña Isabel II.
Xa co grado de xeneral, participou na guerra dos Matiners enfrontándose vitorioso ao lendario militar carlista Ramón Cabrera. Participou en A Vicalvarada apoiando, neste caso, a O´Donnell e o seu proxecto de Unión Liberal, así como posteriormente enfrontouse ao alzamento carlista de San Carlos da Rápita, tras cuxo esmagamento obtivo o título de Marqués de Castell-Florite. Durante a maior parte do tempo dos gobernos da Unión Liberal estivo destinado en Cuba como Capitán Xeral dados os receos que contra el seguía mantendo O'Donnell, aínda que foi senador de 1858 a 1860. Durante a súa estancia en América destacou pola súa clara vocación abolicionista o que provocou a inimizade dos españois alí asentados e o enfrontamento aberto con Julián de Zulueta. Ao seu regreso en 1866 participou nas conspiracións que culminaron coa revolución de 1868 e o destronamento da raíña Isabel. Aínda que permaneceu todo o tempo desterrado en Canarias polas sospeitas de colaboración con elementos progresistas, foi un dos asinantes do Manifesto que acompañou á revolución. De regreso a Cuba uns meses antes da súa morte, decretou a liberdade de imprenta na illa por vez primeira o 9 de xaneiro de 1869.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Dulce |
BibliografíaEditar
- Buxó de Abaigar, Joaquín. Domingo Dulce, general isabelino. Barcelona, 1962