Ramón Cabrera

militar español

Ramon Cabrera y Griñó, nado en Tortosa o 27 de decembro de 1806 e finado en Wentworth o 24 de maio de 1877, foi un xeneral carlista español.

Ramón Cabrera
Ramón Cabrera.jpg
Nacemento27 de decembro de 1806
Lugar de nacementoTortosa
Falecemento24 de maio de 1877
Lugar de falecementoVirginia Water
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
NaiMaría Griñó
FillosMaria Teresa Luisa de Cabrera
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Cabrera, mariño da mariña que morreu aos poucos anos pero que deixou á familia en boa posición social. A súa nai casou tras a morte do seu home e Ramón pasou a estudar no seminario de Tortosa, onde se amosou como un alumno difícil, sempre envolto en pelexas e con pouco interese no estudo, aínda así tomou as ordes menores en 1825, seguiu estudando pero o bispo de Tortosa, Víctor Sáez, rexeitou ordenalo como sacerdote. Tras a morte de Fernando VII, Cabrera foi un dos Voluntarios Realistas que se negaron a obedecer a orde de desarmamento e as autoridades de Tortosa decidiron envialo a Barcelona, Cabrera conseguiu fuxir e refuxiouse en Morella, onde se uniu ás forzas do pretendente Carlos.

Baixo as ordes de Manuel Carnicer, Carlos ascendeuno a coronel en 1834 e tras a captura e execución de Carnicer polos liberais, quedou ao mando das tropas carlistas do Maeztrazgo e o Baixo Aragón, e logrou derrotar unha e outra vez aos xenerais isabelinos e aumentar o territorio baixo o seu control, pero tamén destacou pola crueldade dos seus métodos. A fins de 1835 tiña baixo o seu mando a 4.000 homes e aínda que unha derrota en Molina de Aragón freou temporalmente o seu avance, aínda que dende Cantavieja conseguiu xuntar de novo as súas partidas, creou unha xunta auxiliar gobernativa e editou o Boletín del Ejército Real de Aragón, Valencia y Murcia. Tras o fusilamento dos alcaldes de Torrecillas e Valdealgorfa por orde de Cabrera a comezos de 1836, o xeneral Agustín Nogueras ordenou o fusilamento da súa nai, o que tan só conseguiu que a loita se volvera máis sanguiñenta e comezou a ser coñecido como O Tigre do Maeztrazgo Entre xuño e novembro de 1836, colaborou co xeneral Miguel Gómez Damas na expedición que percorreu Andalucía e Estremadura. De maio a outubro de 1837 participou na Expedición Real, que encabezaba o pretendente Carlos María Isidro e que chegou ás portas de Madrid.

En xaneiro de 1838 conquistou Morella e converteuna na capital do territorio baixo o seu control, e o pretendente nomeouno conde de Morella. Non aceptou o convenio de Vergara que asinaron os xenerais Baldomero Espartero e Rafael Maroto e que puxo fin á guerra carlista no norte. Cabrera quedou como único xeneral da causa carlista. En maio de 1840 Espartero conquistou Morella e Cabrera fuxiu ao norte de Cataluña, onde permaneceu ata que en xullo cruzou a fronteira francesa. O goberno francés mantívoo confinado durante algúns meses ata que lle permitiu marchar a Inglaterra. Cabrera opúxose á abdicación do pretendente no seu fillo Carlos Luís que se produciu en 1845. En 1848 durante a Segunda Guerra Carlista entrou en España e púxose á fronte das partidas carlistas en Cataluña, Aragón e Valencia, pero en abril de 1849, derrotado, cruzou a fronteira francesa, onde as autoridades francesas detivéronno ata que a fins de ano pode volver a Inglaterra, onde en 1850 casou cunha rica propietaria, Marianne Catherine Richards, e en 1854 fixou a súa residencia en Wentworth, preto de Londres e arredouse dos seus antigos camaradas, aínda que seguiu a formar parte da Comisión Rexia de París e en outubro de 1869 asumiu a xefatura militar e política do carlismo, creou unha Xunta Central Militar e organizou as bases dun novo partido, a Asociación Católica-Monárquica, malia iso as discrepancias co pretendente e con notables figuras do carlismo levaron á súa dimisión en marzo de 1870. En 1875 recoñeceu a Afonso XIII como lexítimo rei de España e o goberno español confirmou o seu título de Conde de Morella e o rango de capitán xeneral do exército.