Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).

Morella
Localización
Morella en España
Morella
Morella
Morella en Provincia de Castelló
Morella
Morella
país = España España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
ComarcaPorts
Xeografía
Altitude984 msnm
Superficie413,5 km²
Demografía
Poboación2 504 hab. (2016)
Densidade6,06 hab./km²
Outros datos
Código postal12300
AlcaldeRhamsés Ripollés (PSPV-PSOE)
morella.net

Xeografía editar

Morella, cidade da provincia de Castelló limítrofe coas de Teruel e Tarragona, aparece ante os ollos do visitante rodeada do encanto que lle transmiten as súas murallas centenarias e coroada pola súa robusto castelo, a máis de mil metros de altitude e con accesos a través dos portos de montaña de Torre Miró (1.259 m) e Querol (1.020 m).

O relevo abrupto e montañoso da comarca de Ports sementa o camiño para chegar a Morella atravesando barrancos, bosques de piñeiros, carrascas, carballos, ramblas e muelas.

O seu clima é mediterráneo de alta montaña, con veráns frescos e invernos moi fríos con xeadas frecuentes e abundantes nevadas. Durante os meses máis centrais do inverno, o forte vento de mistral, que frecuentemente sopra nesta zona, provoca que a sensación térmica descenda en numerosas ocasións duns -20 °C.

A N-232 é o eixo de comunicación de Morella con Zaragoza e Logroño. Así mesmo, esta estrada conecta Morella cos destinos turísticos valencianos do litoral, coa Autoestrada do Mediterráneo (A-7) e coa estrada N-340. Desde Castelló, tamén se pode acceder á cidade pola N-238 que enlaza posteriormente coa N-232 en dirección a Morella.

Historia editar

Empolicada espectacularmente na ladeira dunha montaña, a cidade amurallada de Morella, a antiga Castra Aelia dos romanos e feudo do carlismo en tempos do xeneral Cabrera, señorea a paisaxe do Alto Maestrazgo. Morella pode exhibir unha historia tan antiga como ilustre.

Demografía editar

Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2007 2008
2.996 2.850 2.859 2.797 2.719 2.711 2.752 2.782 2.815 2.863 2.854

Lugares de interese editar

 
Castelo de Morella
  • Igrexa de Santa María
  • Convento de San Francisco
  • Igrexa de San Nicolás
  • Castelo de Morella
  • Murallas medievais
  • Acueduto de Santa Lucía
  • Casa do concello
  • Casas solariegas
  • Covas prehistóricas de Morella La Vella

Ligazóns externas editar