Molina de Aragón

Molina de Aragón é unha localidade e un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela - A Mancha. A súa poboación era de 3.656 habitantes en 2006.

Modelo:Xeografía políticaMolina de Aragón
Molina de Aragón (es)
Molina d'Aragón (an) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°50′38″N 1°53′19″O / 40.843888888889, -1.8886111111111Coordenadas: 40°50′38″N 1°53′19″O / 40.843888888889, -1.8886111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Guadalaxara Editar o valor em Wikidata
CapitalMolina de Aragón Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.288 (2023) Editar o valor em Wikidata (19,53 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie168,33 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.065 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Carme Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJesús Herranz Hernández Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal19300 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE19190 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmolina-aragon.com Editar o valor em Wikidata

O municipio, de 168 km², limita polo norte co de Rueda de la Sierra, polo noroeste con Tortuera e máis Embid, polo leste con Campillo de Dueñas e La Yunta, polo sueste con Castellar de la Muela, polo sur con Prados Redondos, polo suroeste con Castilnuevo, polo oeste con Corduente e polo nordeste con Rillo de Gallo.

Xeografía editar

Hidrografía editar

O río Gallo atravesa a poboación. Polo sur bordea a vila o arroio de La Cava, unha rambla —corga característica da España mediterránea— que polo xeral leva auga e que no ano 1930 produciu graves inundacións.

Economía editar

Molina é unha vila dedicada ao comercio e aos servizos, con escasa industria. É o centro administrativo comarcal dunha área eminentemente agrícola e gandeira, cun incipiente turismo rural atraído pola natureza.

Historia editar

O nome actual da poboación procede da súa antiga pertenza á Coroa de Aragón. Pese a que foi tomada por Castela aos musulmáns, durante a guerra entre Castela e Aragón de 1356-1369, a vila (coñecida como Molina de los Caballeros, Molina de los Condes ou, simplemente, Villa de Molina) e máis a súa comarca pasaron ao reino de Aragón.

No ano 1375 foi reconquistada polas tropas de Pedro o Cruel de Castela, durante unha expedición de castigo contra os aragoneses que daban apoio a seu irmán bastardo Henrique na guerra que ambos mantiñan polo trono castelán. O exército chegou mesmo a conquistar Teruel, mais nos tratados de paz seguintes os casteláns retiraríanse de todos os territorios e localidades ocupadas, salvo da contorna de Molina, que sería coñecida a partir de entón como de Aragón. A vila de Molina, residencia habitual de Pedro I desde aquela altura, foi considerada como un territorio aparte, en mans do rei, costume que perdurou até a actualidade, xa que entre os títulos señoriais do rei de España, Xoán Carlos I, continúa a figurar o de "Señor de Molina".

Monumentos e lugares de interese editar

  • O Castelo ou Alcácer, un dos maiores de España.
  • A ponte románica.
  • A igrexa e o convento de San Francisco.
  • A igrexa de Santa Clara.

En xeral a vila conserva boa parte do seu patrimonio medieval e da idade moderna.

Contorno ambiental editar

Molina está situada moi preto do Parque Natural do Alto Texo, que posúe especies mediterráneas de montaña alta e mediana, en óptimo estado de conservación. Constitúe ademais unha dos maiores áreas de canóns fluviais do interior peninsular. O parque conecta aínda con zonas turísticas e paisaxísticas como son a Serranía de Cuenca ou os Montes Universales (Teruel).

A 11 km de Molina de Aragón sitúase a ermida románica da Virxe do Congosto, no interior dun barranco espectacular.

Festas locais editar

  • As festas patronais son as do Cristo de Las Victorias (1 de setembro).
  • Nosa Señora do Carmo (16 de xullo), declarada de interese turístico rexional.
  • A Inmaculada (8 de decembro).
  • A loia á Virxe do Congosto (domingo de Pentecoste).
  • A Feira Medieval (terceira fin de semana de xuño).
  • O entroido.