Voluntarios Realistas

O Corpo de Voluntarios Realistas foi unha milicia que Fernando VII organizou por orde do 10 de xuño de 1823, tras a caída do goberno liberal en España. Tiña como obxectivo evitar o restablecemento do goberno constitucional e loitar contra os elementos liberais, estaba formado polos elementos máis intranxisentes do absolutismo. Dependían dos concellos e estaban baixo a autoridade do capitán xeneral, agás no País Vasco no que o control o exercían as deputacións forais. En 1826 estaba integrado por 200.000 voluntarios, pero só a metade chegou a estar uniformado e armado en 486 batallóns de infantaría, 20 compañías de artillaría, 52 escuadróns de cabalaría e algunhas compañías de zapadores. O corpo tiña un inspector xeral, José María Carvajal foi o primeiro. Disolveuse oficialmente en 1833 e unha parte dos que os integraban sumáronse ás forzas do infante Carlos durante a Primeira Guerra Carlista



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.