Julián Sanz del Río

filósofo español

Julián Sanz del Río, nado en Torrearévalo (provincia de Soria) o 10 de marzo de 1814 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1869, foi un filósofo, pedagogo e xurista español, un dos impulsores do krausismo.

Julián Sanz del Río
Pineda Montón, Miguel (Adra, 1828 - Madrid, 1901). Retrato de Julián Sanz del Río ca.1860.jpg
Nacemento10 de marzo de 1814
 Torrearévalo
Falecemento12 de outubro de 1869
 Madrid
SoterradoCemiterio Civil de Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada, Real Universidade de Toledo e Universidad Central
Ocupaciónfilósofo, catedrático de universidade, xurista, pedagogo e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Universidade de Granada e logo en Madrid, onde será catedrático de Historia da Filosofía. En 1843 foi enviado a ampliar estudos en Alemaña, impregnándose alí da filosofía de Krause, que difundirá en España ao seu regreso, o que orixinará unha rama española do krausismo, provocando importantes mudanzas na vida intelectual deste país nos séculos XIX e XX.

Un dos seus discípulos máis destacados foi Francisco Giner de los Ríos, fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.

ObrasEditar

Entre as súas obras salientan:

  • Lecciones para el sistema de filosofía analítica de Krause (1850).
  • Sistema de filosofía; Metafísica (Primeira parte) e Análisis, 1860 (Segunda parte).
  • Síntesis, (1874).
  • Análisis del pensamiento racional (1877).
  • Filosofía de la muerte (1877).