Ricardo Samper

(Redirección desde «Ricardo Samper e Ibáñez»)

Ricardo Samper e Ibáñez, nado en Valencia o 25 de agosto de 1881 e finado en Xenebra o 27 de outubro de 1938, foi un avogado e político republicano español.

Modelo:BiografíaRicardo Samper

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ricardo Samper Ibáñez Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1881 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1938 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Ministro de Estado de España
4 de outubro de 1934 – 16 de novembro de 1934
← Leandro Pita RomeroJuan José Rocha García →
Presidente do Consello de Ministros
28 de abril de 1934 – 4 de outubro de 1934
← Alejandro LerrouxAlejandro Lerroux →
Ministro de Industria, Turismo e Comercio de España
16 de decembro de 1933 – 28 de abril de 1934
← Félix Gordón OrdásVicente Iranzo Enguita →
Deputado nas Cortes republicanas
29 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) Traducir
Ministro de Traballo e Previsión Social
12 de setembro de 1933 – 8 de outubro de 1933
← Francisco Largo CaballeroCarles Pi i Sunyer →
Deputado nas Cortes republicanas
12 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Valencia (province) (en) Traducir
Alcalde de Valencia
1 de abril de 1920 – 1 de abril de 1921
← Juan Bort Olmos (en) Traducir
Concelleiro do Concello de Valencia
1911 – 1920 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1430298

Traxectoria

editar

Foi militante do Partido de Unión Republicana Autonomista, fundado por Vicente Blasco Ibáñez. Concelleiro da súa vila natal entre 1911 e 1920 e alcalde entre 1920 e 1923, durante a II República foi elixido deputado polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux.

Tras a entrada no goberno dos radicais nas eleccións do 19 de novembro de 1933, ocupou a carteira de Traballo e posteriormente a de Industria e Comercio. Foi nomeado presidente do Goberno o 28 de abril de 1934, tras a dimisión de Lerroux, motivada pola negativa inicial do presidente da República, Alcalá Zamora a asinar o decreto polo que se amnistiaba os militares implicados no intento de golpe de estado de Sanjurjo en 1932. Só permaneceu cinco meses á fronte do goberno, dimitindo o 4 de outubro do mesmo ano 1934, tras perder o apoio da CEDA, por mor da, a xuízo do presidente dese partido Gil Robles, debilidade do seu goberno fronte os problemas sociais. No goberno que o sucede, presidido novamente por Lerroux foi designado Ministro de Estado, mais dimite o 16 de novembro ao serlle atribuídas, pola CEDA, xunto co Ministro de la Guerra Diego Hidalgo, supostas responsabilidades en relación coa revolución de 1934.

En 1936, ao estalar a sublevación militar, marcha a Xenebra (Suíza), de onde xa non volvería, falecendo nesa cidade helvética.

O 2 de decembro de 2008, a neta de Ricardo Samper Ibáñez, Elena Enguix Samper presentou en Valencia un libro de memorias do seu avó.[1]

  1. Simón, Federico (11-1-2009). "El niño que quería ser ministro". elpais.com (en castelán). Consultado o 5-6-2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Enguix Samper, Elena (2008). Ricardo Samper, valenciano, alcalde, presidente del Gobierno en la II República. UMA editores, Valencia. ISBN 978-84-96468-10-8 (en castelán).


Predecesor:
Francisco Largo Caballero
 Ministro de Traballo e Previsión Social de España 
1933
Sucesor:
Carles Pi i Sunyer
Predecesor:
Félix Gordón Ordás
 Ministro de Industria e Comercio de España 
1933 - 1934
Sucesor:
Vicente Iranzo Enguita
Predecesor:
Alejandro Lerroux García
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1934
Sucesor:
Alejandro Lerroux García
Predecesor:
Leandro Pita Romero
 Ministro de Estado de España 
1934
Sucesor:
Juan José Rocha García