Luis Fábrega Santamarina

farmacéutico e político galego

Luís Fábrega Santamarina, nado en Ourense en 1906 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1968, foi un farmacéutico e político galego.

Modelo:BiografíaLuis Fábrega Santamarina
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLuis Fábrega Coello Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 124732

Traxectoria

editar

Fillo de Luis Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926. Desde 1932 foi dirixente de Vanguardia Republicana Federal, as xuventudes do Partido Republicano Radical, partido polo que elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Durante a Guerra civil estivo preso nos campos de concentración de Rianxo e La Santa Espina (Valladolid) ata 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[1] Retornou a Ourense e presidiu o colexio de farmacéuticos entre 1952 e 1960. Finou en Ourense o 3 de novembro de 1968.[2]

Vida persoal

editar

Casou con Alfonsa García Rodríguez e foi pai de Margarita e Luis Fábrega García.

  1. BOE, 29-1-1941, p. 464,
  2. Necrolóxica en La Región, 5-11-1968, p. 6.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar