Ramón Vilas González

avogado e político galego

Ramón Vilas González, finado na Coruña o 28 de xaneiro de 1944,[1] foi un avogado e político galego.

Ramón Vilas González
Falecemento28 de xaneiro de 1944
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Ramón Vilas Arias. Foi xuíz municipal da Coruña (1905). Membro do Partido Liberal e leal a Manuel García Prieto, foi concelleiro da Coruña, deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira (en 1915 e outra vez en 1919) e en 1922 foi elixido presidente da Deputación da Coruña ata a ditadura de Primo de Rivera. Convocou unha Asemblea de Deputacións e Concellos de Galicia o 5 de marzo de 1922. Durante a Segunda República foi Vicepresidente da Electra Popular Coruñesa e volveu ser deputado provincial en 1934.


Predecesor:
Valentín Molina Couceiro
  
Presidente da deputación da Coruña
 
1922 - 1923
Sucesor:
Dionisio Muro Carvajal

Vida persoal editar

Casou con María del Pilar Durán Cao, e foi pai de María del Pilar Vilas Durán, que casou con José Miñones Bernárdez.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-1-1944, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar