Abrir o menú principal

Gumersindo Rico González

político español

Gumersindo Rico González, nado en Luarca o 23 de agosto de 1891 e finado na mesma vila o 21 de setembro de 1957, foi un avogado, empresario e político asturiano.

Gumersindo Rico González
Gumersindo Rico González 1934.jpg
Nacemento1891
 Ḷḷuarca
Falecemento21 de setembro de 1957
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo do rexistrador da propiedade Gil Rico Suárez-Coronas. Estudou na Facultade de Química e en 1911, logo de instalarse en Madrid, ingresou na Facultade de Dereito, onde se doutorou. Foi presidente das Juventudes Reformistas do partido de Melquíades Álvarez. En 1922 converteuse en director xerente da delegación comercial da International Western Electric Company (IWEC), empresa do sector telefónico, e en 1923 era director da Sociedad Teléfonos Bell. En 1924 foi uno dos artífice xunto con Sosthenes Behn, presidente da ITT, da fundación da Compañía Telefónica, da que foi secretario xeral do Consello de Administración. Foi elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes de 1933 como republicano independente. Nas eleccións de febreiro de 1936 volveu presentarse como independente integrado na candidatura de dereitas, pero non resultou elixido. Renunciou ao cargo de secretario xeral do Consello de administración da Telefónica en agosto de 1936, ao ser intervida a compañía. Exiliouse e despois da Guerra civil intentou infrutuosamente reingresar na Compañía Telefónica.

Vida persoalEditar

Casou en 1911 con Josefa Rodríguez Villar e foi pai do diplomático Gumersindo Rico Rodríguez-Villar.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar