Antonio Prieto Rivas
político español
Antonio Prieto Rivas, nado en Allariz en 1876 e finado en Ponteareas o 15 de abril de 1936, foi un farmacéutico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 Allariz, España |
Morte | 15 de abril de 1936 (59/60 anos) Ponteareas, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , farmacéutico |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Trasladouse a Ponteareas moi novo para traballar nunha farmacia local. Rematada a carreira de Farmacia, estableceuse como farmacéutico en Ponteareas. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro e presidente local da Unión Patriótica. Integrouse no Partido Republicano Radical en 1931, seguindo a Emiliano Iglesias e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra por este partido nas eleccións xerais de 1933. Estaba casado con Elisa Barros Arbones.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Candeira Mosquera, Francisco (1999). O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas: Egasur. ISBN 84-930739-0-3.
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.