Abrir o menú principal

Justo Villanueva

xurista español
(Redirixido desde "Justo Villanueva Gómez")

Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid en 1952, foi un avogado e político galego.

Justo Villanueva
Justo Villanueva Gómez 1936.jpg
Nacemento1893
 Corcubión
Falecemento1952
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político, xurista e Cátedra universitaria
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.

Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952.

Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar