Arturo Sánchez Cidrás

Escritor e profesor galego

Arturo Sánchez Cidrás, nado en Loira (Seixo, Marín) o 22 de xullo de 1950, é un profesor e escritor galego.[1]

Infotaula de personaArturo Sánchez Cidrás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Seixo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1683656

Traxectoria editar

Fixo maxisterio na USC. Foi mestre en Seixo, Moaña, País Vasco e desde o curso 1979-1980 no CEIP A Pedra de Bueu, no que se xubilou en 2011,[2] despois de máis de 20 anos de xefe de estudos e de promover a revista escolar O Candil (ISSN 1137-1994).

Foi profesor promotor e responsable da Aula de Acuicultura en concerto coa Consellería de Pesca desde 1988 ata 1995.[3]

Participou na xestión e Control de Dirección, Produción e Realización da serie de 13 capítulos, dirixida por Valentín Carrera para TVG Os viaxeiros da luz. Tamén na elaboración do Plan de Aproveitamento Turístico de “La Vía de la Plata” como programador informático encargado da coordinación e tratamento estatístico da enquisa á demanda. Ministerio de transportes, Turismo y Comunicaciones, dirixido por Valentín Carrera.

Publicou artigos en Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, e nas revistas Os Galos e Aunios.

Xestiona a web Bueu: historias, contos, novidades, comunicados, achados...[4]

Obras editar

  • Cangas, Guía de la capital del Morrazo (1987). Con Xosé Manuel González Barreiro, Xosé Ramón Bernández Pérez e Xosé Manuel Pazos Varela. Madrid: J. Bangueses. ISBN 84-398-9795-2.
  • A industria da pesca salgada. Os portos de Bueu e Beluso (1998). Con Xosé M. Cerviño Meira, Xosé Manuel Fernández Aldegunde. Consellería de Pesca da Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2315-6.
  • Travesía por tres momentos da historia de Bueu (2017). Con Fructuoso Díaz García, Miguel Romaní Martínez, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda e Xosé Manuel Cerviño Meira. Deputación de Pontevedra. 147 páxs. ISBN 978-8484574644.
  • Federico Ribas: Os trazos do medo (2020). Con Xaime Toxo. Concello de Bueu.
  • Bueu no exilio ruso (2020). Concello de Bueu. 38 páxs. Prólogo de Xaime Toxo.
  • Ons. A illa que navega no tempo (2021). Concello de Bueu. 173 páxs. Limiar de Xaime Toxo.[5]
  • Biografías I. Bueu (2022). Concello de Bueu. 156 páxs.
  • A escola pública en Bueu. Ensino primario (2023). Concello de Bueu. 353 páxs. Limiar de Xaime Toxo.

Premios editar

  • 2015: I Premio Ermelo, do concello de Bueu pola “súa contribución á documentación da historia do Morrazo”.[8]
  • Premio Vila de Bueu [cando?] en Recoñecemento ó Labor Cultural "polo seu compromiso, dende hai décadas, pola defensa e a promoción do patrimonio histórico e cultural" de Bueu.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Arturo Sánchez Cidrás Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-08-24. 
  2. Rivas, Eva. ""Mi filosofía era que los chavales no estuvieran amaestrados, sino ayudarles a pensar "". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24. 
  3. "Pequena historia CEIP Plurilingüe A Pedra - Bueu". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-08-24. 
  4. "BUEU". acidras.blogspot.com. Consultado o 2020-08-24. 
  5. Sánchez Cidrás, Arturo (2021). Ons: A illa que navega no tempo. Bueu: Concello de Bueu. 
  6. García, David. "Sánchez Cidrás gaña o Johán Carballeira cunha entrevista "imaxinada" ao autor". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24. 
  7. García, David. "Cidrás reivindica en el I Premio Ermelo el valor de la historia para afrontar el futuro". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24. 
  8. García, David. "Arturo Sánchez Cidrás recibe el I Premio Ermelo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar