Consellería do Mar
consellaría da Xunta de Galicia
A Consellería do Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. O seu titular é Alfonso Villares Bermúdez.
Consellería do Mar | |
---|---|
Tipo | consellería da Xunta de Galicia |
Data de fundación | 1982 |
Presidente/a | Alfonso Villares Bermúdez (2023-) |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA consellería de Mar naceu con nome de consellería de Pesca en 1982, xa no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. En todos estes anos mudou en varias ocasións de nome, pero non modificou de forma considerable as súas competencias ata que en 2009 se fixo cargo da xestión dos Portos de Galicia, que ata daquela pertenceran á consellería de Política Territorial. Porén, entre 1984 e 1986 foi integrada na consellería de Agricultura. En 2012 volveu fusionarse con esta, nesa altura xa chamada Consellería do Medio Rural. Foi novamente creada en outubro de 2015.[1]
Conselleiros
editar- José Baldomero Fernández Calviño (1979-1982). Como conselleiro de Pesca.
- Ramón Díaz del Río (1982-1983). Como conselleiro de Pesca.
- Xoán Manuel Páramo Neira (1986-1987). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños.
- Xosé Henrique Rodríguez Peña (1987-1990). Como conselleiro de Pesca.
- Henrique López Veiga (1990-1993). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
- Xoán Caamaño (1993-1997).
- Amancio Landín Jaraiz (1997-2001).
- Henrique López Veiga (2001-2005). Primeiro como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e despois duns meses, aínda en 2001, como conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.
- Carmen Gallego (2005-2009).
- Rosa Quintana (2009-2012). Como conselleira de Mar.
- Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
- Rosa Quintana (2015-2023). Como conselleira do Mar.
- Alfonso Villares Bermúdez (2023-actualidade). Como conselleiro do Mar.
Notas
editar- ↑ Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.