Alfonso Villares Bermúdez

político galego

Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaAlfonso Villares Bermúdez
Biografía
Nacemento2 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Cervo, España Editar o valor en Wikidata
Conselleiro da Xunta de Galicia
2023 –
Alcalde de Cervo
2007 – 2023 – Dolores García Caramés → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cervo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. Dende 1999 formou parte do equipo de goberno de Cervo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015[1] e nas de 2019[2], tras as cales ademais foi vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia[3].


Predecesor:
José Ínsua Pernas
  
Alcalde de Cervo
 
2007 - 2023
Sucesor:
Dolores García Caramés
Predecesor:
Rosa Quintana
  
Conselleiro do Mar
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar