Manuel Gómez Cantos
Manuel Gómez Cantos, nado en San Fernando o 25 de marzo de 1892 e finado en Madrid o 29 de maio de 1977, foi un militar e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1892 San Fernando, España |
Morte | 29 de maio de 1977 (85 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
marzo de 1939 – 25 de agosto de 1939 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo dun oficial de terceira da Mariña, estudou na Academia de Infantaría de Toledo. En 1920 obtivo o pase á Garda Civil como primeiro tenente.
Na Guerra civil
editarCando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba á fronte da Garda Civil de Villanueva de la Serena, sumouse á rebelión e apresou o alcalde e os concelleiros de esquerda. Matou un concelleiro, feriu ao alcalde e efectuou 60 detencións. Fuxiu a Miajadas dez días despois. En 1937 foi nomeado responsable dunha unidade de contra-guerrilla nas comarcas estremeñas de Hornachos, La Granja, Llerena e Guadalcanal. En 1938 foi delegado de Orde Pública na zona de La Serena, cando foi conquistada polas tropas nacionais. O 8 de setembro de 1938 organizou na praza da vila un xuízo popular que condenou a execución sumaria os 33 prisioneiros de Villanueva de la Serena que aínda estaban na cadea de Badaxoz. Á fronte dunha brigada móbil actuou nas zonas limítrofes das provincias de Badaxoz, Huelva, Sevilla e Córdoba, sendo ascendido a Comandante e condecorado coa Medalla Militar.
Gobernador civil de Pontevedra
editarEn marzo de 1939 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra co encargo de solucionar o problema dos fuxidos. Desde o momento da súa toma de posesión o 14 de abril, mostrou a súa peculiaridade como por exemplo no uso da prensa como arma política e plataforma persoal. Iniciou varias actuacións populistas como a reconstrución das infraestruturas provinciais e a construción de vivendas sociais. Para solucionar o problema dos escapados, decretou a posta en liberdade de todos os presos gobernativos e publicou un bando para que todos os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase ante el para regular a súa situación. Logrou a presentación de máis de 200 fuxidos. Foi cesado o 25 de agosto dese ano.
Contra o maquis
editarRegresou a Estremadura como tenente coronel e á fronte da Comandancia de Cáceres foi nomeado responsable das forzas encargadas da persecución dos fuxidos en 1942. O 28 de agosto de 1942 mandou asasinar en Alía 30 persoas elixidas ao chou para aterrorizar á poboación. No verán intentou repetir o castigo con 90 persoas, pero o sacerdote Ambrosio Eransus, comandante castrense, logrou impedilo. En abril de 1945, ao saber que un grupo de maquis tomara Mesas de Ibor varias horas e desarmara os catro gardas civís, ordenou fusilalos inmediatamente por covardes. Por negarlle os auxilios espirituais aos gardas, o bispo de Cáceres e o cardeal primado Enrique Plá y Deniel fixeron presión a Francisco Franco e Gómez Cantos foi procesado e estivo uns meses na cadea.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abad Gallego, Xoán Carlos (2002). "El Gobernador Manuel Gómez Cantos, un personaje controvertido: redentor de “fuxidos” o criminal de uniforme" (PDF). Glaucopis X (10): 131–174. Consultado o 4 de xullo de 2020.
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 335–381. ISBN 84-89599-33-5.
- García Carrero, Francisco Javier (2013). Manuel Gómez Cantos. Historia y memoria de un mando de la Guardia Civil. Cáceres: Universidad de Extremadura. ISBN 978-84-7723-067-0.
- García Carrero, Francisco Javier (2012). "Manuel Gómez Cantos, un mando de la Guardia Civil entre el deshonor y la represión" (PDF). Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea (11): 255–276. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2014.