Pazos de Reis, Tui

parroquia civil e entidade menor do concello de Tui
(Redirección desde «Pazos de Reis»)

O Sagrario de Pazos de Reis é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.147 habitantes (547 homes e 600 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 1.127 habitantes, e 1999, con 1.142.

Entidade local menor
Pazos de Reis
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°03′22″N 8°38′59″O / 42.05611075, -8.64962407
Poboación1.135 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]
Capela de San Xián do Aloia.

Historia

editar

Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Morgadáns (Gondomar) e Chenlo (O Porriño).

En 1926 constituíuse nunha das nove entidades locais menores que existen en Galiza[2], tras vencer a resistencia dos veciños de Tui.

División eclesiástica

editar

Eclesiasticamente, coñécese polo nome de Nosa Señora das Dores de Frinxo[3], por funcionar a capela baixo esta advocación como igrexa parroquial.[4] Pertence ao arciprestado de Tui-Entenza, da diocese de Tui-Vigo.[3]

Existen outras dúas capelas: a de San Miguel e a de San Xián, no monte Aloia.[4]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pazos de Reis

editar
Lugares da parroquia de Pazos de Reis no concello de Tui (Pontevedra)

O Ánxel | Circos | O Eirado | Frinxo | Herdeiros | Muíños | A Poboanza | A Porteliña | Ricamonde | O Seixal

Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. "Deputación de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 "Nosa Señora das Dores de Frinxo". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-10-05. 
  4. 4,0 4,1 Martínez Sigüenza, Xulio (2003). "As parroquias de Tui -síntese histórica". Revista de Estudios Provinciais (19). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar