Xàbia
Xàbia (en valenciano: Xàbia, en castelán: Jávea, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na costa norte da provincia de Alacant, na comarca da Marina Alta. Conta cunha poboación de máis de 34.000 habitantes (INE 2008), dos cales un 53,1% é da inmigración.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Marina Alta | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.760 (2023) (433,88 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68,59 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Francisco Chulvi Español (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03730, 03738 e 03739 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03082 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03082 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | va.ajxabia.com |
Xeografía
editarSituado no norte da provincia, atópase xusto na punta máis entrante no mar da costa leste. Atópase a uns 90 km de Eivissa, sendo posíbel nos días claros, visualizar o perfil da illa dende os dous cabos importantes do lugar.
Orografía
editarO Montgó é o cume máis destacábel e visual da comarca, cos seus máis de 750 m de alzada, serve moitas veces de parapeto das borrascas que veñen do Norte colaborando en gran medida do mantemento do microclima local. Están o cabo de Sant Antoni (ao norte) e o Cabo Prim entre os cales fórmase a baía de Xàbia.
O cabo máis importante xeograficamente é o Cabo da Neu, que representa a parte que máis penetra no mar desta parte da península. Os outros cabos menores son o Cabo Negre e Sant Martí. Hai dúas illas pequenas: a do Portitxol, fronte á praia da "Barraca" e a do "Descobridor", fronte á praia nudista de Ambolo, illa dada en honor dun xabienco, que segundo se conta, estivo na expedición de Colón no descubrimento de América.
Existe un río que cruza do oeste ao leste da comarca chamado Gorgos, é un río de evacuación de auga cando chove, xa que durante case todo o ano atópase seco. A diferenza de localidades próximas como Dénia ou Oliva, Xàbia posúe unha orografía variada, dende un val entre o Montgó e os contrafortes do cabo a Nave e o Puig de Benitatxell, á planicie baixa do "Plá do Saladar" e a alta planicie de "Lles plans" (cabo de Sant Antoni), praias, calas, montaña etc.
Idiomas
editarSon linguas oficiais o valenciano e o castelán, sendo o primeiro moi estendido entre a poboación natural do lugar. O inglés é a lingua estranxeira máis falada, xa que Xàbia conta cunha poboación duns 6.000 ingleses residentes ao ano, a máis elevada do País Valenciano. O alemán ocupa o segundo posto de lingua estranxeira (uns 2.000 residentes), moi por diante do neerlandés e do francés, italiano, ruso etc. Hai unhas 85 nacionalidades con representantes vivindo en Xàbia.
Clima
editarSegundo un estudo científico realizado polos anos 90, considerouse a Xàbia como o segundo mellor microclima mundial, tras Río de Xaneiro e é que se pode gozar dunha boa temperatura todo o ano cunha media que oscila dos 18 °C aos 24 °C. Xàbia é un lugar escollido polos xubilados estranxeiros para pasar o resto da súa vida. A cor verde é o que predomina na paisaxe, aínda que non chove con moita frecuencia si posúe Xàbia moita auga no seu subsolo (unha posíbel orixe do seu nome sería do árabe Xábiga, que quere dicir algo así como "pozo ou alxibe", da cantidade destes elementos que poboaba o lugar).
A todo isto, existe un río subterráneo, chamado "Moraig" que provén das montañas internas de Pedreguer, onde se pode ver o seu nacemento dentro da cova da Caveira en Benidoleig. As choivas preséntanse co réxime de precipitación mediterráneo, é dicir de moi intensas precipitacións en moi pouco tempo, sendo os meses de setembro-outubro-novembro os de máis choiva. Estas precipitacións típicas do mediterráneo chámanse "gota fría" nesta zona.
Localidades limítrofes
editarAo norte limita con Dénia pola que está separada polo macizo que forma o Montgó. Ao leste está totalmente limitado polo mar Mediterráneo, mentres que ao sur e ao suroeste limita cos municipios de Benitatxell e Teulada. Ao oeste con Jesús Pobre, pedanía de Dénia e con Dénia.
Demografía
editarConta cunha poboación de 34.750 habitantes (INE 2008), dos cales un 53,1% é da inmigración. A maior parte dos proveñen doutros países da Unión Europea (11.894 censados, o 39,7% do censo), principalmente británicos (6.833 censados, o 24,6% do censo) e alemáns (1.959 censados, o 6,5% do censo).[1]
Evolución demográfica de Xàbia[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
Poboación | 1.339 | 2.018 | 6.606 | 5.866 | 6.072 | 5.503 | 6.136 | 5.941 | 6.029 | 7.130 | 10.964 | 16.603 | 24.645 | 29.279 | 29.923 | 34.750 |
Economía
editarAínda que a principios do século XX, Xàbia posuía unha economía baseada na agricultura e pesca, foi transformada a finais de devandito século a unha economía totalmente turística, debido ás favorábeis condicións coas que conta para o turismo de sol e praia característico da zona mediterránea.
Notas
editar- ↑ Fonte: Explotación estadística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.