Renda per cápita

(Redirección desde «PIB per cápita»)

A renda per cápita ou PIB per cápita é a relación que hai entre o PIB (Produto Interior Bruto) dun país e a súa cantidade de habitantes. Para conseguilo, hai que dividir o PIB dun país pola poboación deste.

Países por PIB (nominal) per cápita en 2019

É un indicador comunmente usado para estimar a riqueza económica dun país. Numerosas evidencias mostran que a renda per cápita está positivamente correlacionada coa calidade de vida dos habitantes dun país.

Críticas

editar

Existen diversas críticas ao uso deste indicador como medida do benestar social ou da calidade de vida dos habitantes dun país. Algunhas destas críticas son:

  1. Ignora as desigualdades da renda. Así, ao dividir o total do PIB entre o seu número de habitantes, o que fai é atribuír o mesmo nivel de renda a todos, ignorando as diferenzas económicas entre os habitantes. Para medir aproximadamente a distribución uniforme da renda entre todos os individuos dun país determinado existen indicadores económicos alternativos como o coeficiente de Gini ou o índice de Atkinson.
  2. Non contabiliza externalidades negativas. Cando os recursos naturais dun país diminúen, ou se consomen excesivamente rápido ou se produce polución, aparecen factores que fan diminuír o benestar social dun país, que non están contabilizados dentro do PIB.
  3. Non toda a produción incrementa o benestar material. Certo tipo de gastos contabilizados do PIB non teñen por obxecto ser consumidos ou aumentar as posibilidades de produción, senón que só teñen por obxecto protexernos de externalidades negativas. Tal é o caso dos gastos militares ou en seguridade.

Existen medidas alternativas da renda nacional que contabilizan dalgún xeito os factores englobados nas críticas 2 e 3, estes indicadores son: o índice de benestar económico sostible (IBES) e o índice de progreso xenuíno (IPG).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar