Gran Premio de Italia de 2000
O Gran Premio de Italia de 2000 (oficialmente o LXXI Gran Premio Campari d'Italia) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de setembro de 2000 no Autodromo Nazionale Monza preto de Monza, Lombardía, Italia. Foi a 14ª carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un do 2000 e o 71º Gran Premio de Italia. O piloto de Ferrari Michael Schumacher gañou a carreira de 53 voltas desde a pole position. Mika Häkkinen terminou segundo nun coche McLaren con Ralf Schumacher terceiro para o equipo Williams.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 14 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000. | ||
![]() Trazado do circuíto de Monza | ||
Data | 10 de setembro 2000 | |
Nome oficial | LXXI Campari Gran Premio d'Italia | |
Localización | Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´793 km | |
Distancia | 53 voltas, 306´719 km | |
Clima | Asollado con temperaturas de ata 29 °C | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:23.770 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:25.595 na volta 50 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
McLaren-Mercedes |
Terceiro | ![]() |
Williams-BMW |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Michael Schumacher mantivo a súa vantaxe na liña de saída e resistiu os intentos de Häkkinen de pasalo entrando na primeira curva. Máis adiante na volta, unha colisión que implicou a catro coches provocou o despregue do coche de seguridade e un comisario Paolo Gislimberti foi golpeado por unha roda volante. Cando o coche de seguridade entrou no [pit lane]] na undécima volta, Michael Schumacher comezou a afastarse inmediatamente de Häkkinen e mantivo a vantaxe ata a súa parada en boxes na 39ª volta. Cando Häkkinen fixo a súa parada en boxes tres voltas despois, Michael Schumacher recuperou a vantaxe que mantivo para lograr a súa sexta vitoria da tempada 2000, Häkkinen rematou a case catro segundos.
Como consecuencia da carreira, Schumacher reduciu a vantaxe de Häkkinen no Campionato de Pilotos a dous puntos, con David Coulthard 17 puntos máis atrás. Rubens Barrichello que foi atrapado no accidente da primeira volta foi matematicamente descartado para acadar o título. No Campionato de Construtores, a vantaxe de oito puntos de McLaren na carreira reduciuse a catro, quedando tres carreiras para o final da tempada. Gislimberti morreu despois no hospital e a súa morte provocou que se revisasen as medidas de seguridade na Fórmula Un.
Clasificación da cualificaciónEditar
Clasificación da carreiraEditar
Posicións logo da carreiraEditar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 2000 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2000 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2000 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1999 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2001 |
NotasEditar
- ↑ "Italian GP Saturday qualifying". motorsport.com. Motorsport.com, Inc. 9 de setembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 13 de maio de 2015.
- ↑ "2000 Italian GP – Classification". ChicaneF1. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "2000 Italian Grand Prix". Formula1.com. Formula1.com Limited. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Italy 2000 – Championship • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 2000 |