Vitantonio Liuzzi
Vitantonio Liuzzi (43 anos) | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 6, 2005–2007, 2009–2011 |
Escudería(s) | Red Bull, Toro Rosso, Force India, HRT |
Grandes Premios disputados | 81 (80 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de San Marino de 2005 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 2011 |
Vitantonio "Tonio" Liuzzi (Locorotondo (Italia), 6 de agosto do 1980 [1]) É un piloto automobilístico italiano, campión de Fórmula 3000 no 2004 e que competiu na Fórmula Un nos equipos Red Bull, Toro Rosso, Force India e HRT. Ten casas en Lugano, Suíza[2] e Pescara, Italia.
Traxectoria editar
No ano 2005 correu para a escudería Red Bull Racing en F1, alternándose no volante con Christian Klien, correndo no Gran Premio de San Marino e atinxindo unha oitava posición, o que lle daba dereito a 1 punto para o mundial de pilotos. Nas restantes carreiras, Liuzzi foi piloto probador, xa que pola presión dun patrocinador austríaco do equipo, Klien disputou moitos máis premios dos previemente pactados.
Despois da adquisición por parte de Red Bull de parte da antiga Minardi, Liuzzi é traspasado á renomeada Scuderia Toro Rosso da cal é piloto oficial no ano 2006 e para a cal consegue o primeiro punto mundial cun 8° posto no Gran Premio dos Estados Unidos.
Na tempada 2007 non tivo moita fortuna e retirouse moitas veces debido á pouca fiabilidade do seu bólido. Porén, no GP da China en Shanghai alcanzou o 6°posto e conquistou os primeiros puntos da tempada.
Resultados completos na Fórmula Un editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
† Piloto que non terminou o Gran Premio, pero se clasificou ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas editar
- ↑ O ano do nacemento de Liuzzi é cuestión de conflito. Algunhas fontes, como a base de datos FORIX Formula 1 database and www.formula1news.it [1] dicen que é 1980, mentres que outras fontes, como a web oficial de Liuzzi [2] and www.f1db.com [3] Arquivado 10 de outubro de 2007 en Wayback Machine. din que é 1981.
- ↑ "About Vitantonio". liuzzi.com. Consultado o 21 de xullo de 2010.