Gran Premio da China
O Gran Premio da China (en chinés: 中国大奖赛; pinyin: Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celébrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo 240 millóns de dólares e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istambul.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Xangai (Jiading (pt) ) 31°20′20″N 121°13′11″L / 31.338888888889, 121.21972222222 |
Lonxitude | 5,451 km |
País | República Popular da China |
Vixencia | 2004 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Historia
editarA visión dun Gran Premio da China iniciouse na década de 1990. O Goberno chinés previra inicialmente un circuíto de F1 na cidade de Zhuhai na provincia de Guangdong, o sur da China. O Circuíto Internacional de Zhuhai foi deseñado e construído e agregouse provisionalmente ao calendario de 1999 do Campionato do Mundo de F1, pero a pista non cumpre con certas normas establecidas pola FIA.
En 2002, anunciouse que a xestión do Circuíto Internacional de Xangai asinara un contrato de 7 anos coa Formula One Management para acoller o Gran Premio da China a partir da tempada 2004 ata a tempada 2011. O Gran Premio da China debutou o 26 de setembro de 2004, e foi gañado por Rubens Barrichello da Scuderia Ferrari. Ao ano seguinte, foi a sede da carreira final do campionato de Fórmula Un, na que o recentemente coroado campión do mundo Fernando Alonso gañou e reclamou o título de construtores para Renault F1. En 2006, o Gran Premio da China foi gañado por Michael Schumacher - a súa última vitoria na Fórmula Un antes da súa retiro temporal ao final da tempada.
En novembro de 2008 a BBC informou un funcionario, Qiu Weichang, suxerira que a carreira podíaser cancelada. A raíz dun anuncio similar sobre o Gran Premio de Francia, Qui Weichang dixo que o futuro da carreira estaba sendo reconsiderada, e a decisión tomaríase en 2009.[1]
2010 non viu ningún anuncio formal dunha ampliación da oferta inicial das 7 carreiras de 2004. En febreiro de 2011 foi pactado un novo acordo entre a F1 e os organizadores da carreira chinesa. As razóns do atraso parece ser a taxa que se paga á F1 para albergar a carreira. Logo de acumular perdas ano tras ano, os organizadores da carreira negabanse a pagar a cota requirida, informou que entre os mellor pagos para albergar unha carreira de F1. Parece serque os donos da F1 reduciron a taxa e exista xa un novo acordo para albergar a carreira de F1 ata 2017.[2]
En setembro de 2017, anunciouse un novo contrato de tres anos para albergar a carreira, mantendo a carreira no calendario ata 2020.
Gañadores múltiples (pilotos)editarOs pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula 1
|
Gañadores múltiples (construtores)editarEquipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
|
Notas
editar- ↑ "China considers ditching F1 race". BBC News. 2008-11-14. Consultado o 2010-04-28.
- ↑ "Shanghai extends F1 race for seven years". france24.com. 2011-02-17. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 2011-02-24.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da China |